Este é un dos meus libros favoritos. Dende que o descubrín, regálollo a xente moi especial.
Diredes que son unha horteira (seguro que non andades desencamiñados), pero hoxe decidín regalarlles ós meus alumnos dous dos "abrazos" que hai neste libro e unha flor (así tamén os axudo á súa anhelada excursión de fin de curso). Eles, moi cucos e pelotas (con bó rollito, eh), pintaron unha flor na pizarra e dedicáronma argumentando que non tiñan cuartos para mercala (xa sabedes, o aforro é importante).
Só vos vou dicir o "abrazo" co que se abre o libro e que foi un dos elexidos para o regalo (espero despertar en vós a curiosidade).
RECORDAR: del latín re-cordis, volver a pasar por el corazón.
Eu díxenlles que os vou recordar a miudo (este ano rematan).
Ós que estades lonxe de min tamén vos RECORDO sempre.
Hai unha paxina chamada Patriagrande na que varios escritores do cono sur deixan relatos seus, entre eles Galeano (http://patriagrande.net/uruguay/eduardo.galeano/), a verdade é que de hai uns anos para aquí tena un pouco abandoada, seica que por problemas moi graves de saúde. ¿A ver si alguén sabe de onde saíu o debuxo da camiseta do ano pasado?
ResponderEliminarPor certo, este é, para a miña opinión, o mellor escritor, en especial eses libors de relatos (Bocas del Tiempo, Ser como ellos, Bocas andantes,... e o mellor, Patas Arriba)