jueves, 3 de julio de 2008

Viaxe ao bidueiral


A revista Cerna (da asociación ecoloxista ADEGA) no numero do mes de xullo fai unha reportaxe sobre o bidueiral de Montederramo firmando por Ransés Pérez. O artigo, a parte de descubrir a diversidade de flora que hai no bidueiral, dalle unha especial importancia a fauna existente e como o lobo está integrado no medio. Unha cousa da que fala e que me parece especialmente importante é a diversidade de paisaxes que as estacións producen, e que denomina "os catro bidueirais".
Por outra banda, hai que sinalar que lle adica un longo espazo a figura de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome, que a pesar de ser de ser natural de Soutelo (Esgos), cometeu os asasinatos estando en Rebordechao (Vilar de Barrio), unha aldea nas ladeiras do San Mamede. Foi o único home lobo condeado como tal do que recentemente se fixo unha pelicula da que non escoitei moi boas críticas.

15 comentarios:

  1. Algún ´dia irei o bidueiral, ainda que sexa morta (como a S. Andrés de Teixido). De momento, esta fin de semana: ME VOY PAL PUEBLO, HOY ES MI DÍA, VOY A ALEGRAR TODA EL ALMA MÍIIIIIIIAAAAAAAAAAAAAA. Me iré cargadita de cerecitas ricas del Jerte, pa que no se diga, y dispuesta a quemar energías en la Santa Isabel (cuántos años!!!)

    ResponderEliminar
  2. Por certo esquecinme de poñer que tiñamos previsto facer a ruta despois das festas de Montederramo, aínda non sabemos que día, pero podedes ir poñendo preferencias. Saúdos

    ResponderEliminar
  3. facemola cando queiras, pero non te esquezas de poñer a punto a bici que eu non esquecín que falamos de facela en bici (valga la rebuznancia).
    Oscar

    ResponderEliminar
  4. E os que non somos Álvaro Pino ¿Podemos facela á "pes-pedis"????

    ResponderEliminar
  5. O resto imos andando e o Contador e o Induráin que vaian abrindo camiño, je, je.

    ResponderEliminar
  6. Unha cousa non quita a outra. Un día quedamos todos para fecela a pata, e os que queiramos podemos facela outro día en bici e si algunha proposta máis, pois xa se estudará. Pero a ver ide dicindo datas, e iso.

    ResponderEliminar
  7. Eu penso que sería boa data para facela a pata na semana do 20 de Agosto que estaremos todos por ahí, e xa terá pasado o Pontelouco, O Portelazo as festas etc... Pero vos diredes.

    ResponderEliminar
  8. MILAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAGRO. El 20 de agosto sí que estoy.
    La ausente

    ResponderEliminar
  9. Son catro horas ida e volta, pero fanse ben e practicamente non hai ninguna costiña. Se aguantaches as do Castro e Lumeares esta é pan comido.

    ResponderEliminar
  10. Aunque nadie me ha dado vela en este entierro, me da igual: la tomo yo mismo. Me apunto a la andaina... ¿el 20 de agosto, finalmente?

    ResponderEliminar
  11. Non fai falla que nadie che de vela. Si, en principio podémola deixar para o 20 de Agosto.

    ResponderEliminar
  12. Boas Noites, canto tempo sen entrar.no blog.. é que aínda non teño internés na Guarda. Osorio, estoume preparando no cicloestático tódalas noites,a ver se me vexo con forzas,fai uns anos non me costaría traballo ningún pero os anos non perdoan... bicos a tod@s

    ResponderEliminar
  13. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar