I CONCURSO RELATO CURTO: “CONTO-CALDELAS”
BASES:
1.- Relatos en galego, ca única condición de que terán que estar ambientados na Terra de Caldelas.
2.- Os relatos presentaranse baixo un seudónimo,da siguiente forma: no momento de presentar o traballo entregaráse un sobre pechado no que constará por fora do sobre o seudónimo empregado e dentro do sobre os datos personais do concursante.
3.- Os relatos presentaránse en folio tamaño A4, a unha cara, con dobre espacio e con letra “Times New Roman” de tamaño 12.
4.-Serán dun mínimo de dous folios e un máximo de dez, ou ben, poderán ser presentados a man con letra lexible, tamén en folio A4, sendo de un mínimo de dous folios e máximo de dez.
5.- O plazo de presentación dos traballos será dende o momento da publicación de estas bases no blog: www.pontelouco.blogspot.com e ata o 15 de Marzo do 2.009.
6.- Categorías:
A.-De 6 a 12 anos (incluídos).
B.-De 13 a 17 anos (incluídos).
7.- Deberase indicar no sobre, na parte exterior, a categoría a que pertence o traballo.
8.-Os relatos presentaranse no Centro Comarcal Terras de Caldelas.
9.- Xurado:directiva da Asociación Cultural-Xuvenil “O Irrio”.
10.- A Asociación quedaráse cos traballos orixinais, devolvendo unha copia o seu autor.
11.- Os traballos gañadores serán expostos no Centro Comarcal Terras de Caldelas e a lista de gañadores daráse a coñecer no blog do Ponte Louco antes do 8 deAbril, para proceder a entrega de premios na Semana Santa do 2.009.
12.-Premios: haberá tres premios por categoría. Os premios consistirán en libros de literatura galega infantil e xuvenil, así coma xogos e outros a determinar. Indicaranse todos eles máis adiante no blog do Ponte Louco.
13.- O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación de tódolos concursantes das seguintes bases.
Parece ser que os profesores de lingua galega, castelá, berebere, de catalán, de euskera, de inglés, francés, portugués, romanés, chinés... decidiron porlle un sobresaínte a calquera que participe!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarParece ser, pero eso non vai entrar no premio por si acaso.
ResponderEliminar