jueves, 26 de marzo de 2009

Preparaivos: ESTE ANO 2 DÍAS de PONTE LOUCO


Este ano o PONTE LOUCO vai ter dous días, xa que vamos facer actividades tamén o venres 21 (pero non concerto).

Así que o Programa vai quedar tal que así:


VENRES 21

Taller de Malabares: Este anos Celso & Cía ademais de facer das súas farannos pasar por a corda frouxa, darlle as mazas, diábolo,...
Maxia: Os magos de Lumeares

Canier: 2º intento, a ver si desta...

E para dar ambiente pola noitiña Ce e a Orquestra Pantasma



SÁBADO 22

Feira de artesanía

Xogos

Malabres

Títeres: Viravolta: O Galo Quirico e os seus amigos


E de novo pasarrúas a cargo de Ce e a Orquestra Pantasma

E o prato forte: Concerto





E para semaniña xa estarán as camisetas deste ano.... xa sabedes

10 comentarios:

  1. Este ano collemos a cousa con forza. Nunca a estas alturas estaba todo tan pechado. Será que cos anos se fai todo máis sinxelo... pero o estrés dos últimos días non nolo quita naide

    ResponderEliminar
  2. Que marabilla, que emoción!!!E o venres non temos que currar e podemos estar atentos a todo o que pase!!!

    ResponderEliminar
  3. que sorte tedes algúns......
    Oscar.

    ResponderEliminar
  4. Oscarín cambiámosche eu e Natalia. Nós facemos a maxia e vos o sábado facedes de todo un pouco: vender camisetas, darlle de comer os grupos, de beber os sedentos, recoller ata as 7 da mañá, ....
    En semana santa firmamos un papel ante notario.

    ResponderEliminar
  5. eu tamén pido un cambio co Óscar e incluso me ofrezo voluntaria para que nos trucos de maxia me intentedes cortar un brazo

    ResponderEliminar
  6. ¡Que sorpresa máis agradable me acabo de levar atopando o teu blog!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Hay que firmar eso ante "o notario" e por o castillo para que teña plena validez.

    ResponderEliminar
  8. Estades fortes, en pouco tempo vexo o Ponte Louco durando unha seman.
    ;-)

    ResponderEliminar