lunes, 30 de marzo de 2009

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS "CONTO CALDELAS"

Antes de nada, temos que decirvos que MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.Foi unha auténtica marabilla poder ler os vosos traballos.
E agora os premios:

CATEGORIA A:

1º PREMIO: LORENA ALVAREZ OSORIO por A MAQUINA DO TEMPO

Os outros dous premios debido a un empate técnico serán repartidos da seguinte forma:

2º e 3er PREMIO: LAURA PRIETO ALVAREZ por PABLO E O IRRIO
VICTOR FERNANDEZ por O DRAGÓN DO BURGO
RAISA FERNANDEZ MARTIN por A FLOR DA NOITE

CATEGORIA B:

1º PREMIO: ANDREA BALBONA PEREZ por A MODIÑO
2º PREMIO: LAURA MOVILLA GONZALEZ por INVERNO
3er PREMIO: NATALIA CARBALLO RODRIGUEZ por AVENTURAS EN CASTRO CALDELAS


Noraboa a todos os premiados. E decir a todos os participantes que o día 9 de Abril, xoves de semana santa procederemos a entrega de premios e haberá un agasallo para todos os que participastes no Concurso. O remate da entrega de premios tomaremos unha pequena merenda para celebralo con todos vos. Xa vos contaremos en qué sitio e a qué hora neste blog.
Temos que agradecer tamán a Editorial Sotelo Blanco a súa colaboración co Concurso de Relatos e ca nosa Asociación, xa que entre os premios contaremos con Libros cedidos por eles.

7 comentarios:

  1. Éu únome a esa noraboa, por una lado para todos os escritores e por outro para todas as persoas que os animaron a facelo. Hai moito escritor en potencia neses contos...

    ResponderEliminar
  2. Noraboa aos afortunados. Por certo, hai algún xeito de ler os relatos?
    Oscar.

    ResponderEliminar
  3. En primeiro lugar darlle a noraboa aos premiados e a todos os participantes (xa por participar hai premio)

    Darlle as gracias a todos os que axudaron, pero moi especialmente á Joaquina.

    Oscar, os relatos creo que os vamos poñer no CC expostos en semana santa. Falo ca Dori e xa informo.

    ResponderEliminar
  4. digo eu que si hai algún voluntario/a para pasalos a ordenador...acétase axuda, jeje

    ResponderEliminar
  5. Parabéns a asociación O Irrio, pola iniciativa, e parabéns aos premiados. Estaría ben poder lelos na rede, para os que non podemos ir ao C.C.. Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. AVISO: CAMBIAMOS A DATA DA ENTREGA DE PREMIOS.

    Debido a que na data da que falaramos non podían asistir varios dos asistentes decidimos pospoñela. A pesar delo si se exporán os traballos.

    Sequiremos informando

    ResponderEliminar