
Como xa saberedes o venres faremos a II Andaina por Caldelas. Esta non é unha andaina ó uso, simplemente é un xenito de xuntanos todos aqueles que nos gusta camiñar, así que non é preciso realizar ningunha inscrición, pero séría bo que souberamos quenes son os que van a participar para amañar certas cousas. O percorrido son 16 km, que hai xeitos de recortar, segundo cada quen. O que si recomendamos é un calzado impermeable xa que o percorrido ten bastante auga (e incluso non virían de máis uns calcetíns de reposto). A comida vámola facer na área recreativa da Ponte das Táboas e cada quen ten que levar a súa comida. A saída é as des da praza do prado, pero se pode ser chegade antes para ver se levamos a comida a ponte das táboas e deixamos alí algún coche e esas cousas.
O Xoves, no castelo, as 19:00; presentación da curta Na Distancia de Victor Hugo Seoane, de Parada do Sil. O remate o director fará un pequeno coloquio no que dialogará cos asistentes.
Noutra orde de cousas a cafetería rubio organiza un concerto o venres, son un dúo de moi bos guitarristas chamados Mario Cea & Tamaríz. Ademais hai unha exposición de pintura no Centro Comarcal de Andrés Baldonedo
Calzado impermeable??, pero tanta auga hai??
ResponderEliminarFan falla botas de goma, ou qué??
Non, máis ben referíame a unha botas de goretex, ou algo así... porque o ano pasado apareceu bastante xente con tenis. Non é que vaiamos de expedición, pero si imos a andar por camiños con auga, cruzar un río, ...
ResponderEliminarSaúdos
Osorio Jones... xa te estou vendo... pasádeo ben!
ResponderEliminarÓ final non fixo falta reposto de calcetíns porque acabamos comendo no Prada a Tope en cacabelos, coñecimos ó mesmiño señor Prada e logo fomos de peregrinación a Peñalba de santiago (¿escribino ben?), é dicir, exercicio pouco, pero a barriga chea e eu con reposto de "biermú"
ResponderEliminar