jueves, 30 de julio de 2009

Ponte Louco polo mundo adiante: Óscar (Lumeares) e Patricia en Jamaica





A que ver o eficiente que é este rapaz; para resarcirse do intento fallido do ano pasado, este ano mandounolas dende alí

miércoles, 29 de julio de 2009

Feira do Viño








Cada vez estamos máis vagos e temos menos tempo para escribir, así que outra vez máis fotos que outra cousa. E que tampouco hai moito máis que contar, catas, catas, máis catas, e algo de pulpo e churrasco para empuxar as catas. E a calidade dos viños creo que mellorou con respeto ó ano pasado

martes, 28 de julio de 2009

SANTA TECLA 2009





Venres día 7 de Agosto
Festival Dance
Gran Festival Dance no Bar da Comisión
DJ Bergaza
DJ Diego FM
DJ Pablo "SOHO"
DJ Marta G
10.000 W de sonido



Sábado día 8 de Agosto
Campionato de Tute
Campionato de Futbolín
Festa e Verbena ca Orquestra Iris de Pontevedra
(As parellas para o campionato de tute e Futbolín pódense apuntar no 988207488 ata o mesmo día pola mañá)



Domingo día 9 de Agosto
Ás 12:00h Procesión en honra á Virxe da Luz na que se bailará a tradicional Danza das Cocas de Santa Tegra
Misa solemne acompañada pola Coral "Lembranza" de Castro Caldelas
Sesión vermú festa e verbena a cargo da Orquestra Ceniza da Coruña

martes, 21 de julio de 2009

PONTE LOUCO 09


FAI CLICK NA FOTO. E cando termine de cargar fai Click nas letras

lunes, 20 de julio de 2009

Feira do Viño e outros eventos


Coa proximidade do agosto a cousa promete, e é que saen eventos por un tubo:

De boas primeiras esta fin de semana é a II Mostra de Viños da Ribeira Sacra, que contará entre outras actividades cunha feira de aretesanía na que coma o ano pasado poremos o noso chiringuitos coas camisetas, mecheros, ....

No apartado de festas reinventadas aproxímanse o Lumeazo (7 de agosto) ou Santa Tecla (do 7 ó 9), do Portelazo xa falaremos máis adiante

Dúas noites, este ano estará adicado a música: Uxia e Fred Martins (12 e 13 de agosto)

jueves, 16 de julio de 2009

A RIBEIRA SACRA NO NEW YORK TIMES

(Imaxe tomada do propio xornal)

Pois si, como o ledes, O New York Times, na súa edición do dia 14 de xullo publica unha reportaxe de tres páxinas sobre a Ribeira Sacra e os seus viños. Se a queredes ler enteira pinchade aquí.

jueves, 9 de julio de 2009

VOLVE A FLOWEEEERRRRR!!!





Este ano de novo en Castro Caldelas disfrutaremos de unha nova edición da Flower Power caldelá. A nai do enxendro este ano vai ser a toliña da Suelen, así que xa sabedes, pequenos e grandes animaivos que promete. Ademáis coincide ca elebración da Feira do viño de Castro Caldelas, así que teredes que facer un 2x1 (dúas festas en unha).

domingo, 5 de julio de 2009

PONTE LOUCO POR O MUNDO ADIANTE: ROSETA EN TURQUIA


Aqui tedes unha amiga do Ponte louco paseando a nosa camiseta polo mundiño adiante. Supoño que levantaría máis de "unha pasión turca" no seu paso por Estambul. Menos mal que con ela levaba o Forestal para defendela. Moitas grazas polas túas fotos Roseta.

miércoles, 1 de julio de 2009