martes, 26 de agosto de 2008
Rota do Biduerial
Faltaba a foto de grupo na entrda do outro días, e como só a fixeramos co cámara de Eladio tivemos que esperar que nola mandara. Pois aí está
Etiquetas:
Bidueiral,
Caldelaodecaldelas,
Montederramo,
rotas de sendeirismo,
San Mamede,
victor
O Castro en Acción: o colillometro

Entre outras dinamicas xenais que realiza Iria cos nenos, no castelo, sorprendeume a do colillometro. Recoméndovola.
Etiquetas:
Cima da Vila,
colillometro,
Dori,
O castro en accion
domingo, 24 de agosto de 2008
Maxia en Lumeares I
Para flipar.
Xa fixera unha entrada sobre o tema, paro para que vexades, os que non fostes, e para que recordedes os que estivestes.
viernes, 22 de agosto de 2008
Exposición fotográfica sobre os fachóns
Durante o inverno do 2007 tivo lugar no Centro comalcal TERRA DE CALDELAS un curso de fotografía dixital, organizado pola Fundación comarcal ó que asistiron veciños da comarca.
O 19 de xaneiro, durante a celebración da festa dos fachóns, os alumnos e profesores do curso realizaron un bo número de fotografíascselecionadas, agora, nunha exposición que serve, ante todo, para agradecer o entusiasmo demostrado durante o curso de todos os participantes, e ó mesmo tempo, para dar a coñecer a propia festa a aqueles que só veñen durante o mes de agosto por estas terras caldelás.
Así vemos nos a noas festa do lume en honor ó San Sebastián. Fachós 19 de xaneiro. ¡estades todos invitados!
Durante o mes de agosto no centro comarcal. Merece a pena
Etiquetas:
C.C Terra de Caldelas,
Fachós
SALDO

Quédanos por aí algunha camiseta de outros anos e facemos unha super oferta:
1 CAMISETA 5€
2 CAMISETAS 8€
IRRESISTIBLE
Como só quedan tallas soltas vóuvos intentar explicar as cores que quedan:
Mozo
XXL Negra, grafito e chocolate
XL grafito, chocolate, gris-azul, 2azuis, e en manga longa negra e kamel
L Negra, 2 azuis, e en manga longa negra e kamel
M negra, choco, gris-azul, gris e kamel en manga longa
Neno
14-16 Verde oscuro
10-12 (as de nenos son desta e de outras edicións) verde, azul, kamel, gris, amarela, e roxa
6-8 naranxa, kamel, amarela, azul (claro e escuro), verde
4 Roxa, azul e kamel
Moza
Munich 08 (que son unhas de tía brancas e roxas) só queda L
Surf 07 (branca e azul) XS
Branca 07 Xs
Tiras M (05-07)Rosa, azul e roxa
Tiras L (05 e 07)azul, verde botella, roxa, negra, kamel
Etiquetas:
Asociación O Irrio,
Camisetas e outros,
Ponte louco 08
Ponte louco 1
Un vello coñecido, o f0restal-zualoren-hugo-boss,.... colgou este e dous videos máis do pasarrúas no Ponte Louco
jueves, 21 de agosto de 2008
Rota polo Bidueiral
Non fomos un grupo numeroso, só eramos 9, é que o estrés de agosto, ser pola semana, as resacas acumuladas,... fixo que algúns siareiros das rotas non puideran asistir.
O día acompañounos, o bidueiral estaba brilante, aínda que a min é a época do ano que menos me impresiona. E con esto de que ata o Campo do Casar se pode chegar en coche houboos que fixeron parte en coche, ¡Ah! e o Victor foi medalla de ouro.
E finalmente unha mostra da exuverante fauna que te podes atopar por alá.
Etiquetas:
Asociación O Irrio,
Bidueiral,
rotas de sendeirismo,
San Mamede,
Sendeirismo,
Víctor
miércoles, 20 de agosto de 2008
Portelazo III
Pois si foi o Portelazo, tardamos en publicar polo "shock", e eso que iamos preparados e ninguén intentou entrar ó coche pola ventana.
Como ainda non estamos moi recuperados e acabamos de chegar do San Mamede de facer a ruta (!que estrés¡) pois non nos saen moitas palabras, e ademais a cousas non é sinxela de esplicar, asi que mirade os videos de abaixo e algún máis que iremos colgando.
Á organización hai que poñerlle un 10, polo menos, pola cea, a música, o bar, as carpas,... de feito o Cándido era o encargado de amarrar un dos ferros (e saíu cos ollos pechados), por si acaso.
Nota aclarativa: as fotos son todas das 7:30 en adiante porque do quecemento non temos ningunha, pero se alguén que as teña as quere enviar, xa sabedes.
Etiquetas:
Concello de A Teixeira,
Festas,
portelazo
martes, 19 de agosto de 2008
OS TIGRES MAIS FIEROS QUE NUNCA EN MONFORTE



Os Tigres deron un concerto en Monforte o día catorce. Para os amantes do Narco-corrido foi unha grande oportunidade para corear os seus grandes exitos.
Eles siguen sendo sen lugar a dudas os JEFE DE JEFES, ainda que non tocaron só esa, porque "dice que toquemos la de Los tahures, dice que la de la banda del carro rojo,..." e así tocaronas todas... e algunha máis (2:15 de concerto)
Gracias a Ricardo Rodicio por facernos chegar as súas fotos; declarámoste reporteiro en Sta Tecla e do outro lado do río "que cruzo de mojado, e os seus orixes non "ha olvidado"
Etiquetas:
Monforte,
Ricardo Rodicio,
Tigres do Norte
sábado, 16 de agosto de 2008
jueves, 14 de agosto de 2008
ALBERTO DE CAMBA: NOVO BLOG CALDELAO

Eu xa escoitara rumores de que máis xente do Castro estaba creando a súa bitácora, así que hoxe decín poñerme a investigar e entereime de que Alberto ten a súa. Alberto, ainda que é un rapaz moi xoven (ten 7 anos), xa é vello coñecido noso porque participou no taller literario o verán pasado e creou unha bitácora chamada http://www.albertodecamba.blogspot.com/, nela cóntanos a súas aventuras e viaxes. Visitádea.
Etiquetas:
albertodecamba,
blogosfera caldelá,
blogs da terra
miércoles, 13 de agosto de 2008
Rota polo Bidueiral

O 20 facemos unha rota polo bidueiral, imaxino que xa estaredes enterados. Como esta vez non pode vir a Dori a "inscrición" podémola facer aquí mesmo; máis que nada para ver se hai que levar a alguén ou como temos que facer para quedar.

A rota sae da Mogaínza, facendo 5 Km ata o Campo do Casar, onde se fará o buclue circular do bidueiral, de 9,1 Km, volvendo ao Campo do Casar, dende onde voltaremos á Mogaínza.

Total 19,1 km. Dificultade media-baixa.
Hora de saída dende a Mogainza 12:00, dende o Castro 11:15
Etiquetas:
Asociación O Irrio,
Bidueiral,
Montederramo,
rotas de sendeirismo,
San Mamede
lunes, 11 de agosto de 2008
Festa en Santa Tegra
E do Cándido pouco hai que dicir que non se vexa na foto... que andaba por alí
Etiquetas:
Airiños de Caldelas,
santa tecla,
Ultraqäns
Festas en Lumeares
E cando nos fumos quedaba todo preparado para a noite, ¿como acabarían?
Ah! colguei algún video no youtube
Etiquetas:
Festas,
Lumeares,
Maxia,
O do White Label
jueves, 7 de agosto de 2008
NORABOA A PABLO DEVIGO

A maioria de vós xa saberedes a noticia si onte lle botástedes unha ollada á Voz de Galia. Pablo Devigo, o gaiteiro caldelao (á esquerda da foto) , acaba de acadar outro premio máis. Niste caso falamos do McCrimmon do festival de Lorient. dende aquí queremos facerlle chegar a nosa noraboa por este novo éxito. Se queredes saber máis pinchade aquí: http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/08/06/0003_7039906.htm
miércoles, 6 de agosto de 2008
Ponte louco 08 IV: As fotos do Fer do Campos
Como xa dixemos andamos na procura de máis fotos para que medre a galería de imaxes do Ponte Louco. O primeiro doador foi o Fer. Moitas gracias. Esperamos máis

Parte dos que nos comemos os marróns, é dicir a organización.
Nós contratamos uns títeres, pero parece ser que medraran as marionetas.
A pantasma e o David cuchufello mirando ¿?
É bo fotografo e mellor vendedor, viralle pola xenética...
Parte dos que nos comemos os marróns, é dicir a organización.
Etiquetas:
Asociación O Irrio,
Camisetas e outros,
Cuchufellos,
Ponte louco 08,
tuna rastafari
Suscribirse a:
Entradas (Atom)