Ainda estamos coa resaca do Pontelouco, non demos recuperado. Por si esto fora pouco, xa rematan as vacacións e andamos coas maletas e cos exames a voltas, por iso tiñamos o blog un pouco abandonado.
Xa non queremos deixar pasar máis dias sen colgar estas fotos e darlle as grazas ás novas xeracións que veñen pisando forte e que se convertirán nos pontelouqueiros de mañán. Estas belas damiselas que vedes na foto son Natalia e Laura. Laura ten trece anos, pero xa se apuntou ó carro de colaborar para o Pontelouco. Téñovos que dicir que non é a única, pois ás suas amigas (Noelia, Patricia, Cristina) tamén ían axudar coa venda das camisetas, pero por un problema de espazo e organización non o poideron facer. Nas outras duas fotos posan, moi fermosas, Laura, Patricia, Maria e Emma. Queremos darlle as grazas a todas, por traballadoras e por guapas.
Tamén se sumaron este ano ó carro Tomás e Roge. Nesta foto aparecen vendendo coa axuda de Belén, vella coñecida do festival. Moitas grazas ós dous por currantes (e por guapos tamén).
Ecantadiños de trabajar para este fantástico festival
ResponderEliminarY NOSOTROS ENCANTADOS TB DE DOS MOZOS DEL NORTE COMO VOSOTROS, TRABALLADORES E... BAILARÍNS
ResponderEliminar