lunes, 27 de octubre de 2008

En santos neve nos campos


Segundo a predición da AEMET, as neves, este anos, serán tempraneiras. A predición é, se cadra, máis inestable do normal, porque modifican a cota de neve cada dous por tres: pero parece que o xoves e venres a cota vai estar entre os 900m e os 700m, co que se podería repetir a estampa.

12 comentarios:

  1. ese refrán soplaroncho o outro día non?
    Ogallá veña a neve, bueno que nos deixe chegar o Castro,pero que neve, que neve! Haberá guerra de guerrillas se ven a neve, coma o ano pasado en semana santa que o saires do Luar as seis da mañá houbo ataques por sorpresa.

    ResponderEliminar
  2. que eu teño as cadeas no Castro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Nin Pemán, nin AEMET, nin nada... o repertorio é o que sempre acerta, e para que vexades que non é mentira:
    O tempo. Novembro:
    "Os días fanse moi curtos e abundarán os nubrados con ventos algo fortes por algúns días. Tamén falaremos dalgunha semaniña seguida de chuvias que xa farán medrar os regatos, pero cando o tempo chuvioso remate, as noites xa deixarán mañás xeadas e poida que asomen as primeiras neves nas montañas. Mes estimado polos afeccionados á boa mesa cos magostos, viño albariño ou caíño, filloas de porco e xa polo final chourizos de zorza fresca".
    Aló polo remate do mes xa me diredes si acertou ou non?. Ricardo Rodicio.

    ResponderEliminar
  4. Ricardo, ti dirás o que queiras pero o Pemán fallar non fallaba nunca. Eso si quedabas coma estabas despois de ver o tempo.

    Á túa predición eu daríalle algo máis de escasamente o cento por cento de posibilidades de acertar.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  5. Ja, ja...Está visto que entre o Pemán e o almanaque do Ricardo é imposible fallar, son infalibles

    ResponderEliminar
  6. Qué susto!!!! Ó ver a foto pensei que xa nevara este ano...

    ResponderEliminar
  7. eu o que quero saber é si mañá poderei viaxar sen dificultade ¿algún pemán que me informe?

    ResponderEliminar
  8. Bueno, eu que queres que che diga, tanto como informarte de se terás unha boa viaxe... quen o sabe. Pero iso todo depende

    ResponderEliminar
  9. Eu....sendo todo o explendoroso que podo ser resignareime a que a Encarna disfrute da neve este fin de semana e a leve toda para cando vaia eu en 15 días..snif...snif....jeje.
    Oscar.

    ResponderEliminar
  10. Información meteorolóxica: nin unha folerpa de neve en todo o camiño, eso sí: vento e chuvia ata sanabria, despois un sol esplendoroso. Espero que dentro de 15 días teñades sorte e quededes atrapados eiquí

    ResponderEliminar
  11. últimas novas: ó final NEVOU!!!!!!!!!!! o suficiente como para ver as folerpas e acojonarnos pola volta da viaxe pero non tanto como para que cuallase.
    por certo, Óscar, se vas pensando en magosto, chourizo e tal, dúas cousas: as castañas teñen vermes coma puños e os chourizoa repiten que nin che conto...

    ResponderEliminar