sábado, 8 de marzo de 2008

Radio La Colifata



Radio La Colifata é unha emisora bonaerense que ten a peculiaridade de retransmitir dende o Hospital Psiquiátrico Borda, e estar dirixida polos internos dese hospital.

¿Qué significa Colifata?
Colifata é un dos moitos nomes que se lle da na Arxentina á loucura, eso sí cun matiz especial, é como cando nos pobos dicimos que alguén é “bueno” ou “bueniño”, para referirnos ao seu estado mental, como din eles é un “loco querible”.

Primeiro foi unha simple retransmisión das conversas dos internos a que logo foron engadíndose corresponsais, pero continúa co seu xeito de facer as cousas: cada sábado todos os que queiran falar anótanse no taboleiro e Alfredo Oliveira vaille dando paso. Este define así a Colifata “Cada sábado es un ritual en donde los internos construyen el espacio. Eso tiene un correlato en la psiquis de cada uno, porque es algo que construyen ellos. Y ése es nuestro laburo como profesionales, queremos rescatar el hecho de que ellos hablen en nombre propio desde la alegría y la creatividad. Y lo que a ellos les entusiasma es que en los oyentes hay una respuesta increíble” (nótase que é arxentino ¿non?).

Este sería un proxecto máis senón fora porque levan xa 17 anos, porque no ano 2002 a xente de Radio Changó (Manu Chao, Che Sudaka, Costo rico, Alcohol Fino, Des+Karadas, ...) gravaron un disco homenaxe que vos recomendo; e agora os de Aquarius, sorpréndennos unha vez máis converténdoos en protagonistas do seu último anuncio.

¿E que ten que ver esto co Ponte Louco?

1º Nos estamos, ou estamos en vías de poñernos, loucos e usamos.
2º Algúns deses músicos, concretamente Che Sudaka, actuaron nese disco e no Ponte Louco, e dito sexa de paso, foi ese recopilatorio o xeito de que moitos coñecésemos a este grupo italo-arxentino-colombiano. Por certo, recoméndovos o último disco deles, Mirando el mundo al revés, nada que ver con esa arroutada que foi o Alerta Bihotza.

Emitindo dende o Hospital Borda, Radio La Colifata