viernes, 5 de septiembre de 2008

Vinte anos non é nada



Vinte anos non é nada, ou polo menos iso é o que dicía o tango de Gardel. A min paréceme que si, que estes vinte anos que o día sete fai que actuamos por primeira vez, teñen moito que contar, moitos recordos, experiencias,…
O caso foi que os Airiños formáronse aló polo 82, pero cinco anos despois, o Luis do barrendeiro decidiu poñerse cuns rapaces que debutariamos ese sete de setembro do 88. Como podedes ver eramos unha tropa (non como agora que para xuntarnos temos que facer números): Luis, Darío e Luisiño, dos “Ariños vellos”; Lois, Roberto, Juan L Osorio, Iago Rodicio, Iago Rodríguez (Rubio), Claudito, Tomás, Orlando, Rubén, Juanki e Pedro, que non puido debutar por estar convalecente). A este uníronse algún: Adolfo, Toño, Alejandro, Teresa, Patricia e Anabel e Elena, que hoxe forman parte do grupo.
As fotos reflicten a evolución do grupo co paso dos anos:

Ano 91, Mazaira, o día da voda do Luis, ou dito doutro xeito, o día que nos emancipamos.

Ano 92, festa da bica.Mesmo ano, nos Remedios, as gafas de sol son por...
Ano 93, xa coas novas mienbrios, e coa recuperación do Juanecas
E na actualidade (falta na foto a Anabel).
Como non pretendo ser tan enciclopédico como o Pedrito, de momento non vou contar máis e deixo información para o vixesimoquinto anivesario, de momento.
P.D. Un recordo moi especial para o Darío, finado este ano, que compartiu moitos momentos con nos e que nos soubo trasmitir o espíriu festivo que temos da gaita.