lunes, 25 de febrero de 2013

Cuchufellos no PL 13

Volven os Cuchufellos ao Ponte Louco, e deles que dicir... pois que xa os coñeceredes todos... ou se hai alguén que non os coñeza xa sabe que ten que facer o 10 de agosto.

Ademais presentarán un novo traballo que estiveron grabando este inverno e que de momento non ten nome... seguiremos informando.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Liviao de Marrao no PL 13

Dende a terra do Castanhazo, a dos Rastreros, de onde naceu o Bravú, a do Piloto, do lugar que lle dá nome a muñeira máis famosa do pais, chegan Liviao de Marrao.
Son un grupo novo, nado no 2010, coa mesma forza que o fuciño do porco, con clarísimas influencias do rock galego dos 90 (enténdase O Bravú) que os levan de "un cortello de Vilauxe (Chantada) á Compostela posmoderna".... unha xente á que lle queda moito por dicir.

Se queres pódelos seguir no seu facebook.

Ah! e este ano o Ponte Louco adiantámolo ao 10 de agosto.