domingo, 15 de septiembre de 2013
13 ANOS DE PONTELOUCO
Coma nos debuxos da tele poderiamos decir: "eeeeesto es todo amigos".
A organizacion actual do Pontelouco prepara una retirada a tempo, e decir estamos pensando en deixar o barco en mans de xente nova (tanto en idade coma en ideas) para que depois de 13 anos esto siga en marcha pero con novas forzas e con motas gañas.
Debido a esto o día un de Novembro convocarase unha reunión no local social dos Pilos para que todo aquel que esté interesado en coller as rendas e en seguir adiante co Ponte Louco poda coller o testigo e sempre contando ca nosa colaboración para todo o que necesite.
A hora da reunion publicaremola en cuanto a saibamos.
miércoles, 11 de septiembre de 2013
AIRIÑOS DE CALDELAS 25 ANOS
Como moitos saberedes o pasado dia 7 de Setembro o grupo de Gaitas Airiños de Caldelas cumpliu 25 anos dende que por primeira vez colleron os tarecos sendo inda unhos nenos.
Esta entrada vai adicada a todos eles os que comezaron e que hoxe xa non estan e os que seguen tocando e pondo a musica nas nosas festas. Grazas polas alboradas que nos despertan nos Remedios, grazas por todalas bandeiras que axudastes a colgar, grazas por todos esas mañás de música en todos os pobos do Concello,grazas por esas noites inolvidables de festa ata o amencer,grazas por estar sempre nos Fachós, grazas por ser músicos amigos e grandes persoas, grazas por poder haber tocado con vose sobre todo daros as grazas por todos esos anos que nos quedan de mùsica e troula xuntos.
AIRIÑOS DE CALDELAS SODES OS MELLORES
martes, 23 de julio de 2013
Cartaz do Ponte Louco 2013
Aquí temos o cartaz do PL 13 feito por Laura Movila e o Jose de San Xulian. Moitas gracias aos dous.
Como podedes ver, finalmente os Cuchufellos tiveron unha serie de problemas e non poden asistir polo que os tivemos que sustituir polos Ulträqäns
Como podedes ver, finalmente os Cuchufellos tiveron unha serie de problemas e non poden asistir polo que os tivemos que sustituir polos Ulträqäns
miércoles, 20 de marzo de 2013
La Banda de Andrelo no PL 13
Dende a cidade olívica chegará LA BANDA DE ANDRELO, unha banda nacida no ano 10 e con influencias do funk, ska, rockabilly, rumba.....
No ano 11 graban o seu primeiro disco "Todavía... quedan flores", ao que pertence este video, e neste ano teñen previsto grabar un segundo traballo.
Etiquetas:
La Banda de Andrelo,
Ponte Louco,
Ponte Louco 13
lunes, 25 de febrero de 2013
Cuchufellos no PL 13
Ademais presentarán un novo traballo que estiveron grabando este inverno e que de momento non ten nome... seguiremos informando.
Etiquetas:
Cuchufellos,
Ponte Louco,
Ponte Louco 13
miércoles, 13 de febrero de 2013
Liviao de Marrao no PL 13
Dende a terra do Castanhazo, a dos Rastreros, de onde naceu o Bravú, a do Piloto, do lugar que lle dá nome a muñeira máis famosa do pais, chegan Liviao de Marrao.
Son un grupo novo, nado no 2010, coa mesma forza que o fuciño do porco, con clarísimas influencias do rock galego dos 90 (enténdase O Bravú) que os levan de "un cortello de Vilauxe (Chantada) á Compostela posmoderna".... unha xente á que lle queda moito por dicir.
Se queres pódelos seguir no seu facebook.
Ah! e este ano o Ponte Louco adiantámolo ao 10 de agosto.
Etiquetas:
Chantada,
Liviao de Marrao,
Ponte Louco,
Ponte Louco 13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)