lunes, 16 de junio de 2008

Mais fotos do S Antón (Mentireiro) de Lumeares

O sábado celebrouse en Lumeares o San Antonio, e como poderedes ver houbo de todo.

Pola maña Houbo pasarrúas, eu como estaba tocando so puiden sacar fotos ós expontaneos que se animaban a tocar o bombo. Temos que pedir desculpas porque como estamos a principio de verán non dimos collido veno ritmo e non demos chegado a Soutelo (claro parando en todas as bodegas).

Ainda que pareza que o Cándido traia unha prea da ostia é que está repenicando as campás. Xa se sabe procesión, misa...


Despois do xantar popular houbo que se animou a bailar co bandullo cheo de pulpo, feito pola nai do Pío, moi rico por certo.

Todo moi ben organizado, este como podedes ver é o baño, co papel, a auga e a xente sentadiña, cada un o seu.



Houbo sorteo de lavadora portatil, o número agraciado según o Luis de Soutelo foi o "corenta e cinco mil, sete mil trecentos vinte e oito", despois de un momentos de incertidume comprobouse que o gañador foi o xastre de Santa Tecla. ( A ver se dou colgado un video estes días)


Houbo Gaiteiros, e como xa vistes con novo bombeiro.

Darlle a noraboa ós mozos de lumeares, porque gracias a eles é un
pobo vivo.

NOVO BOMBEIRO EN LUMEARES




Ricardo mándanos unha crónica do S. Antonio en Lumeares. Aquí vola deixo:
"Na festa-comida do San Antón en Lumeares tomou a alternativa un novo integrante (bombeiro) do Grupo de Gaitas "Airiños de Caldelas" o Sr. Alfredo da Portela (ex dos Tronadores de Santa Tegra), me parece que Juan Luis vai quedar no banquiño nas proximas actuacións do Grupo. Ahí vos vai a foto. Un saudo. Ricardo Rodicio."