miércoles, 21 de noviembre de 2012

IMOS DE MAGOSTO!!

O día 1 de Decembro a noitiña a Asociación O Irrio organizará no Castelo o Magosto de este ano 2012.

O menú será o típico da festa: Chourizo con pan, Viño, Castañas e Bica.  E estará amenizado polo grupo de gaitas Airños de Caldelas (como non podía ser de outra maneira).
O prezo é de 8 euros e podedes vir todos aqueles que queirades, so tedes que avisar canto antes os menbros da Asociación: Teti, Alejandro,Natalia ou Juan, e tamen vos podedes apuntar na tenda do Rubio onde a Pepita tomará nota e recollerá os cartos.

Esta pretende ser unha das primeiras iniciativas que tentaremos desenrolar o longo de este inverno ca idea de animar a participación en diversas actividades e ca intención de recaudar fondos para a realización do Festival Ponte Louco 2013.












Xa sabedes NON FALTEDES!!!!!

lunes, 13 de agosto de 2012

PASARUAS PONTELOUCO 2012



As pandereteiras de a Caniceira de Trives e os máis xa que coñecidos Airiños de Caldelas, serán os encargados do pasarúas previo os concertos. Asi que xa sabades entre o lusco e fusco e pouco antes da súbida o castelo achegadevos para ir quentando motores.

TROCA OS TEUS LIBROS NO PONTE LOUCO





O sábado na Feira de Artesanía teremos a oportunidade de poder intercambiar libros usados. A nosa amiga Mercedes de Lumeares será a que nos axudará nesta tarefa, so teremos que levar os nosos libros que xa temos leidos e releidos e cambialos por outros que nos podan interesar e por suposto de balde. Así que xa sabedes ali estaremos na feira para realizar o troco.

ANIMADEVOS!!!!

miércoles, 1 de agosto de 2012

Cataz Ponte Louco 2012

Aquí tedes o cartel feito polo Txema de San Xulian.

E como podedes ver actuarán dous vellos coñecidos: PETER PUNK e CE ORQUESTRA PANTASMA (aquí podedes ver a súa nova web)

lunes, 30 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Falperrys

Para abrir o festival deste ano o Folk-punk dos vigueses FALPERRYS. Deles, despois de escoitalos, pouco cabe dicir... un sonido potente e directo que recorda aos míticos The Pogues. Serán os encargados de romper o xeo... e abofé que ritmo non lle faltará.

miércoles, 25 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Sacha na Horta


Seguindo coa programación do Ponte Louco 12 este grupo compostelán SACHA NA HORTA. Este grupo de "agropunk mestizo" creouse no ano 2007 para presentarse A Polo Ghit co tema Biocultivos e gañaron... A banda creouse con xente que xa formara parte de outras bandas: Os Tres Trebóns, A Matraca Perversa,... e sacan o seu primeiro traballo "Temos Moito que Sachar" con temas que falan das suas "inquedanzas, alegrías, rabias e soños; sempre con un toque de retranca e unha crítica incorformista". 

Agora cunha banda renovada en 2009 o espíritu continua con temas novos coma "Busco Amante" ou Galiza Chamiza".


jueves, 19 de julio de 2012

Ponte Louco 12: Alpargata

Aquí estamos de novo para ir adiantando o que poderemos ver no Ponte Louco deste ano... e comezamos forte: VOLVE ALPARGATA. A banda madrileña presentará o seu novo traballo: "Al Borde del Colapso", no que son máis alpargata, se cabe. Nel acentúanse esa manía de crear fusión pouco comúns, como o chotis do video, cumbias e por suposto rumba.

Recordade : 18 de agosto

sábado, 3 de marzo de 2012

Boas e malas novas


Que empezamos polas boas ou polas malas novas???

Case mellor mesturámolas e que volas reparta o corpo…

Boa nova: A pesar da que está a caer, outro ano máis, e van xa 11, HABERÁ PONTE LOUCO, e non é pouco, xa que son varios os festivais que se quedan no camiño ou están no aire

Mala nova: coa que está a caer os recursos dos que dispoñemos son menos que outros anos… haberá que facer traballar o miolo.

Boa nova: volvemos ás orixes… o PL 2012 será día de feira: 18 DE AGOSTO

Mala nova: este ano so faremos un día

Nova medio boa medio mala: este ano imos precisar un chisquiño máis da vosa colaboración… e sabemos que estaredes aí… así que se a alguén se lle ocorre algo, crea que pode botar a man,… nos andamos coa elaboración de cartel

lunes, 16 de enero de 2012

FACHÓS 2012

Este xoves día 19 celebraremos, un ano máis, unha das festas máis enxebres, interesantes e divertidas para os caldelaos: A FESTA DOS FACHÓS.

Como manda a tradición, a víspera de SanSebastián, patrón do Castro, entre lusco e fusco, unha procesión de fachós percorre as rúas do casco vello da nosa vila.
Logo de bordear o castelo, os fachós regresan ó adro da igrexa onde arden nunha grande fogata.
A festa continúa entre bocadillos de chourizo, tragos de viño, música de gaitas e berros de: ¡VIVA O SAN SEBASTIÁN!
Si non coñeces esta festa non a podes perder pois é algo totalmente diferente ó que estades acostumbrados.