lunes, 12 de mayo de 2008

A NOSA BITÁCORA PONTELOUQUEIRA CUMPRE UN ANO.


Parece que foi onte, pero non, xa fai un ano que estrenamos bitácora !!!!!!!!! Polo tanto FELICIDADES a todos os que entrades para lernos, os que escribides e, en fin, a todos os que xenerades noticias para que as poñamos aquí. Esperamos que sigades con nós e tentaremos seguir mellorando.

Un tironciño de orellas para o noso blog no seu primeiro ano de vida.

LUMEARES MOVESE. NON QUEDA NADIÑA

Aquí temos o mapa do que será a andaina do sábado por terras de Lumeares.

A ruta consta de 12 kilómetros. Sairemos as dez da mañá dende a Teixeira (Bar Campelo) onde remataremos con unha suculenta comida (xa se me fai a boca augua) de empanada e polbo.

Recoméndase levar algo para comer a media mañá, e ide preparados porque dan choiva e probablemente atoparemos auga nos camiños.En caso de chover moito sería posposta (pola reúma dos andantes máis que nada), pero imos ser optimistas e non pensar en eso.

Os rapaces da organización venderán unhas marabillosas camisetas que estarán a vosa disposición ese día. Mercade unha, polo menos, e preparaivos que LUMEARES MÓVESE.


A canción universal

En Riveira andan os músicos revoltos porque o concello sacou unha nova normativa, que segundo informa o Canal Rías Baixas obriga ós grupos á realizar "unha actuación gratuíta anual para o concello, a inclusión do selo municipal dos traballos publicados e mesmo un límite de idade para inscribirse no rexistro".


Pois moi ben os músicos decidiron protestar, e que mellor xeito que poñerse todos os días a tocar, dende hai xa unha semana, diante do concello. A noticia foi correndo e con Suso Bello dos

Chiquilicuatres e ex-membro da Compañía do Ruído que actuaron no Ponte Louco 04, uns musicos unironse aos outros e como algúns non podías ir decidiron ir facendo unha canción entre todos: Empezou Suso, este leulle a primeira estrofa a Roberto dos Cuchufellos (que actúan
sempre no Ponte Louco, e coma non este ano), que lle engadíu outra, este pasoulla Ico dos Sonoro Maxin (ex-Lamatumbá que actuou no Ponte Louco 02, e nesta última edición subiu a cantar cos Tres Trebóns)... e así seguirá sendo.

Nós seguiremos informando de como van as cousas ou no aberto por reformas.

TITIRIMAXIA EN CALDELAS,MONTEDERRAMO E A TEIXEIRA








Durante os meses de Maio e Xuño teremos a oportunidade única de asistir a diversas funcións de Títeres e Maxia nos Concellos de Castro Caldelas, A teixeira e Montederramo.
Aquí tedes as datas en cada Concello, e para máis información acudide o Centro Comarcal do Castro, e recordade que os títeres e a maxia non son soamente para os nenos.
MONTEDERRAMO:
09/05/08 MAXICO CIRCUS CABARET
16/05/08 ALBA E MARCOS E OS XOGUETES ENCANTADOS
06/06/08 CHINCHA RABINCHA
A TEIXEIRA:
03/05/08 ILUSIONS 2.0
24/05/08 RECICLA ARTE
21/06/08 OLLOS MAXICOS
CASTRO CALDELAS:
07/06/08 AS AVENTURAS DO MOUNSTRUO FRANKENSTEIN
14/06/08 NADA NA MANGA
28/06/08 TOLEMAXIA