Vinte anos non é nada, ou polo menos iso é o que dicía o tango de Gardel. A min paréceme que si, que estes vinte anos que o día sete fai que actuamos por primeira vez, teñen moito que contar, moitos recordos, experiencias,…
O caso foi que os Airiños formáronse aló polo 82, pero cinco anos despois, o Luis do barrendeiro decidiu poñerse cuns rapaces que debutariamos ese sete de setembro do 88. Como podedes ver eramos unha tropa (non como agora que para xuntarnos temos que facer números): Luis, Darío e Luisiño, dos “Ariños vellos”; Lois, Roberto, Juan L Osorio, Iago Rodicio, Iago Rodríguez (Rubio), Claudito, Tomás, Orlando, Rubén, Juanki e Pedro, que non puido debutar por estar convalecente). A este uníronse algún: Adolfo, Toño, Alejandro, Teresa, Patricia e Anabel e Elena, que hoxe forman parte do grupo.
As fotos reflicten a evolución do grupo co paso dos anos:

Ano 92, festa da bica.Mesmo ano, nos Remedios, as gafas de sol son por...
Ano 93, xa coas novas mienbrios, e coa recuperación do Juanecas
Como non pretendo ser tan enciclopédico como o Pedrito, de momento non vou contar máis e deixo información para o vixesimoquinto anivesario, de momento.
P.D. Un recordo moi especial para o Darío, finado este ano, que compartiu moitos momentos con nos e que nos soubo trasmitir o espíriu festivo que temos da gaita.
7 comentarios:
Parabéns para vós, nesta data querida, moitas felicidades, moitos anos de vida (cántese tipo Marilin ;-)) Pois eso, que felicidades e moitas gracias por despertarnos de tantas resacas nos Remedios, jejejeje, e por facérnolo pasar BOOOOOOOOOOOOOOMBA tantas veces (por exemplo onte a noite).
Noraboa por eses vinte anos e esperemos que se podian seguir sumando moitos anos mais. E que dentro deses vinte anos se podian ver unhas fotos tan espectaculares como estas, eu paseino bomba coas fotos, impresionantes.
Oscar.
Tedes que perdoar todos os asiduos deste blog, pero é que as circunstancias son TERRIBLES, non hai corpo que o aguante. Espero que mañá recuperemos algo de folgos e atender un pouco esto.
Personalmente, e en nome dos airiños, moitas gracias, a todas as felicitacións, as da rede, e as que se fixeron en persona. Esperamos cumprir coas espectativas e seguir moitos anos cargándolle máis ó bombo.
Óscar, cumprimos co cometido, pero estamos xa un pouco cheos de W L, así que ímonos centrar no BR con L
Saúdos
E pensar que eu sabía tocar o "ei vai " antes ca vós. Pois tamén me repito con máis parabéns.
Parece ser que anda outro virus solto polo Castro, creo que é parecido o dos fachós, ainda que agora maniféstase con color laranxa... e ata aí podo contar. Que envidia me dades!!!!! O que eu daría por ter xugado onte o partido solteiros_casados as 5 da mañá ou por ver como casi se afoga a nosa Marisita co cubata!!!!! Quédame o consuelo de que seguro que o tedes todo gravado!!!
Óscar non te perdas os teus amigos de Lumeares e o meu irmán cantando "Soy minero" despois de espirar elio, creo que ese vídeo teno o teu irmán. Por certo, seica escapaches dos furacáns pero onte casi morredes afogados en Madrid ¡Ai, jesús!
PD. onde poño "espirar" quero decir INSPIRAR, non pensedes que me teñen confundida xa os da ESO
Eu tamén os teño que dar a naraboa porque sodes os mellores e teño pasado grandes momentos oindo tocades e tocando con vos.
Ahora vou afrontar este derradeiro día de festas, como mellor poida porque ademáis coma xa quedamos menos temos que beber por moitos máis.
Que pena me da que esto se acabe hoxe Vou ter que porme a cantar o pobre de min.
Publicar un comentario