O luns foi inaugurada a exposición fotografica de Jorge Cacharrón no Centro Comarcal. Dende aquí convidarvos a que a visitedes, xa que poderedes gozar dunhas instantaneas que resaltan a beleza das paisaxes da zona.
Despois de un longo tempo apartado desta afición retomouna recentemente e como se pode ver adícalle tempo.
Ademais compartirá espazos cunha exposción de grabados do Castro, así que todos os que vos acerquedes ó Castro durante os Remedios buscade un intre para poder visitalas, merecen a pena.

Hoxe (día catro) fun o centro comarcal e vin que fixeran uns folletos con Texto do Pepe Sampaio, do que vou reproducir só unha parte: "Paisaxes é o reflexo dunha observación da natureza no seu momento de espledor, buscando os mellores efectos naturais que cada estación otorga ás imaxes, captándoas coa súa máquina e volcándoas no seu estudo para a finalización"
2 comentarios:
A min as fotos encantáronme ( xa as vin en Montederramo) e non o digo porque sexa o meu cuñado senon porque me parece que teen un don especial para a fotografía.
A min pareceronme moi guapas é o outro día entrei no centro comarcal e vin que estaban grabando os da TVG
Publicar un comentario