domingo, 23 de noviembre de 2008

Sesión de curtas no Centro Comarcal


Reproduzo casi-literalmente o mail que nos mandou a Dori a semana pasada, do que non nos enteramos ata onte domingo, pero como o sábado que ven volve a haber sesión:

De momento haberá 2 sesións de curtas este sábado 22 e o 29 sempre ás 18:00 h na sala de cursos do Centro Comarcal.
A idea é que empezamos este mes de Novembro cunha sesión cada sábado. En Decembro tocaranos pechar os sábados pola tarde e os domingos (as tres primeiras semanas), ásí que só imos programar no Nadal CINEMAS INFANTÍS (tamén curtas pero de animación: 2D, 3D, plastilina). Xa vos enviarei as datas e as pelis de cada día, en canto mas confirmen. E a partir de Xaneiro volvemos a empezar todos os sábados cos diferentes ciclos disponibles. A oferta é enorme e pódese consultar na páxina da Axencia Audiovisual Galega. Gustaríanos que a xente fixese as súas propias suxerencias e peticións para que solicitemos o mais atinado posible. Nos para empezar poñemos o día 22/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 1 (Curtas) e o 29/11 GARGALLADAS E OUTRAS PATOLOXÍAS 2 (Curtas)

HOXE CUMPRE UN ANO MAIS......


Si é ela! Manuelita! Tamén coñecida como Encarnita ou Altazor cumpre hoxe un ano máis. Dende o blog desexamoste que.... CHE CAIGAN UN MONTON DE ELES MAIS!!!! E como dirías tu JAPI BERDEI PARA TI TAMBIEN!

sábado, 22 de noviembre de 2008

AS PATACAS

Todos os anos esperamos con ansiedade certas datas: Ponte Louco, Fachós, Remedios, festas variadas dos arredores, Magosto, Outono, Womad... Dende fai cinco anos eu espero con moita "nerviosidade" AS PATACAS.
En novembro celébrase en Cáceres un mercado medieval. A zona vella e a xudería énchense de postos, de animáis, de xoglares...
É moi difícil non sucumbir a tentación de mercar algo. Eu contrólome con casi todo pero ó chegar o posto das PATACAS ASADAS... transfórmome como o increíble HUlk e engullo que da gusto.
Na foyo é imposible apreciar este manxar, pero si queredes o ano que ven, no magosto, probamos a asar algunha.

Ponte Louco polo mundo adiante: Viaxe a Cuenca e a Mancha

Non son xigantes...
Casas colgantes de Cuenca
E xa sabedes, todo aquel que queira participar...

viernes, 21 de noviembre de 2008

Feirbú Caldelas

Imaxino que a estas alturas poucos serán os que non saiban o que é o feirbú, pero por se acaso deixo esta definición da Galipedia.
Pois aí andamos creando un grupo de caldelaos, que empezou Lucía, e por se se quere unir alguén.

NON PREOCUPARSE


Non vos preocupedes, voltamos enseguida con máis noticias, pero e que esta semana máis cargada estivo de gripe, a Altazor vaille caer outro ano máis e está escondida e eu ando metida en novas tecnoloxías e non dou feito, pero podo asegurar e aseguro que en breves momentos estaremos de volta.

martes, 18 de noviembre de 2008

Rota do Canón do río Mao 1









Non sabía moi ben como explicar as sensacións que tivemos os que fomos facer a rota ante tanta beleza, e por iso decidin colgar esta chea de foto, a pesar de que nin entre todas fan xustiza ao visto.
A rota foi recentemente sinalizada polo concello de Parada e recorre 6-7 km entre forcas e San Lourenzo. O primeiro tramo a par da estrada e da anle nova non é nada espectacular, esceptuando a ponte dos onceiños. Posteriormente baixa ata antiga canle da central de Regueiro é aí onde comeza o espectacular: o canón do Mao, as fragas d castiñeiros,as vistas da ribeira, ... e para rematar unha baixada por un camiño moi bonito que nos leva ata San Lourenzo, facendo unha parada nas tumbas antropomorfas.
A rota está acompañada duns paneis interpretativos que nos explican certas cousas relacionadas: a contrución da pote, o canón, as tumbas, ... e ademais hai un folleto moi ben feito.
Como a rota é lineal hai que buscar xeito de solucionar o problema. Nós deixamos ns coche no final e logo fomos nutro ao comenzo.

Rota do Canón do río Mao 2









Rota do Canón do río Mao 3



















miércoles, 12 de noviembre de 2008

Magosoto en Lumeares

Despois de sobrepoñerme desta dura fin de semana magosteira (ademais deste o domingo fomos o magosto de Ergos), no que solo pensar en escribir unha entrada reviviame o chourizo. Ademais estiven e sigo esperando por unhas fotos do Héctor que...
O menú chourizos, como xa dixen, castañas claro, e carne ó caldeiro...
Aquí o cociñeiro e o pinche, cantando a de "quen teña viño"
Coa música de Airiños & friends (video do Luis)
O Cándido ainda lle botou unhas cantas
O Luis fixo tocar a gaita, que non é pouco.E un pouco fixo o tolo, con compaña

E para rematar a eso das 21:00: chocolate, por se alguén lle volvera a fame.
Ademais houbo ocasión de botar un rebumbio: os de chaleco roxo (airiños, Jose Portela e Alfonso) contra os de Lumeares. E GAÑAMOS.
Como xa pudeste ver nos videos houbo tempo a botarlle algunha cantada. Ademáis hai outro video das coplas, cantando o Colón, para vir a xunto a min e un máis do baile

lunes, 10 de noviembre de 2008

PINTADA LOUCA!!!

Que ninguén se asute nin pense que xa toleamos de todo. O culpable de todo e Julio Rodriguez, e como suporedes é unha montaxe, inda que eu o abrir o correo quedei un pouco asustada e pensei que os Luters Kins (como di o notario) atacaran o castelo, pero non!
Que vos parece? A min realmente gustame un montón (incluso para un futuro cartel...)