Como podedes ver, celebramos o curso de piragüísmo para cativos, e non tan cativos. Foi unha primeira proba para que se foran adaptando e collendo as nocións básicas. E debido a aceptación e resultados imaxino que repetiremos
martes, 3 de agosto de 2010
lunes, 2 de agosto de 2010
CARTAZ DO PONTE LOUCO
Aquí está a nova criatura e para que vexades que a cousa vai en serio aqui vos deixamos algún enlace:http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/2327/62
http://es.wikipedia.org/wiki/Festival_Ponte_Louco
http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/07/20/0003_8620092.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Etiquetas:
Asociación O Irrio,
Castro Caldelas,
PONTE LOUCO 10
sábado, 31 de julio de 2010
Editan «Volta e revolta», unha novela inédita do desaparecido escritor Xoán Manuel Casado
Foto: La Voz de GaliciaSengudo conta na edición do 30 de xullo La Voz de Galicia a editorial A Nosa Terra ven de editar unha novela inédita no escritor, con ascendencia no Castro, Xosé Manuel Casado.
O texto que reproducimos podédelo ver tamén na web do xornal:
"Oito anos despois do seu pasamento Xoán Manuel Casado (Barcelona, 1.949 - 2.002) volta a ocupar un lugar privilexiado na oferta literaria de Galicia e nos andeis das librarías. E faino grazas a un seu amigo, Xesús González Gómez, que recupera unha novela inédita do escritor catalán con ascendencia ourensana, nas terras de Castro Caldelas. Volta e revolta é o título da novela que recupera a editorial de A Nosa Terra e na mesma o protagonista é un guionista de cine que regresa á súa terra desde Francia, co obxectivo de coñecer o lugar donde fora paseado o seu pai no ano 1.936.
Volta e revolta é unha novela curta, 114 páxinas, que o desaparecido escritor elaborou sen puntos e aparte. A historia sitúase temporalmente nos anos noventa e o relato faise en segunda persoa. Para o crítico Xesús González Gómez con esta obra Xoán Manuel Casado demostrou «que se pode escribir unha gran novela curta», situando este texto no extremo oposto á obsesión galega pola novela longa.
Xoán Manuel Casado era avogado do Estado e centrou a maior parte da súa obra en galego na poesía, ademais de ser autor, xunto con Xosé Manuel Salgado, dun extenso libro de conversas con Méndez Ferrín."
Etiquetas:
Casado,
Castro Caldelas,
Literatura e lingua
Suscribirse a:
Entradas (Atom)