jueves, 14 de febrero de 2008
EL LIBRO DE LOS ABRAZOS: EDUARDO GALEANO
lunes, 11 de febrero de 2008
Almanaque de Actividades
Se nos queres facer algunha proposta recorda que podes deixar unha mensaxe neste blog ou enviarnos un mail.
domingo, 10 de febrero de 2008
JUNO
En el díptco que nos dieron en el cine decía: ROMPIENDO MOLDES. Diablo Cody, "blogueera" y "stripper" antes de ser guionista, estrena JUNO, una comedia atípica sobre el embarazao adolescente. Y os aseguro que, bajo mi humilde punto de vista, sí rompe moldes y sí es una comedia atípica.
Juno está dirigida por Jason Reitman y protagonizada por Ellen Page (Juno), Michael Cera (Bleeker, el "panoli" que deja a la chica embarazada), Jennifer Garner (Vanessa), Jason Bateman (Mark), Allison Janey (madrastra atípica, confidente y defensora de su hijastra), J.K. Simmons (Padre, atípico también, sobre todo teniendo en cuenta que había sido militar) y Olivia Thirlby (Leah).
Creo que ha conseguido cuatro nominaciones a los Oscar (película, director, actriz principal y guión original) (no es que para mí las nominaciones a los Oscar digan mucho..., pero en este caso coincido) y tres a los Globos de Oro (película, actriz y guión). No le han dado ningún Globo, pero yo he pasado un rato genial viéndola.
sábado, 9 de febrero de 2008
O Folión de manzaneda declarado Festa de Interes Turístico

O Entroido do concello de Manzaneda foi declarado Festa de Interese Turístico de Galicia polo Consello da Xunta.
¿E que ten que ver que ver esto co Ponte Louco?
Como podedes ver na foto, no ano 2002, o folión saíu por primeira vez da súa rota tradicional, para vir a poñerse louco ao Castro. Foi o primeiro pasarrúas que fixemos, e quedounos moi bo gusto de boca, e dende aquela sempre trouxemos varios grupo para animar a tarde, eso si ningún tan especial coma este.
viernes, 8 de febrero de 2008
O PONTELOUCO POLO MUNDIÑO ADIANTE II OU O REPORTEIRO DESAPARECIDO.

Nada máis chegar a París comuniquei a miña presencia na cidade ó departamento de relacións públicas do palacio de Versalles para que soubese da miña estancia na capital. Dous días despois sobre as 12 da mañá e cando me atopaba subindo a escaleira mecánica do “Centre Pompidou”, recibín unha chamada na cal se me informaba de que dada a proximidade do enlace matrimonial e para evitar todo tipo de especulacións sobre a miña presencia, ía ser imposible que esa cita tivese lugar en Versalles. A opción que se me daba era que o encontro tivese lugar nunha das moitas visitas que “Carla” ten por costume facer ás céntricas “Galerías Lafayette”. Por suposto que non puxen ningún tipo de reparo.
jueves, 7 de febrero de 2008
O PONTELOUCO POLO MUNDIÑO ADIANTE.
Este entroido algúns dos que axudamos no Ponte Louco non pudemos coller vacacións e tivemos que ir de viaxe promocional polo mundiño adiante. Esta vez o lugar elxido era "París de La France" (por aquilo de que está moi de moda polos líos amorosos do seu presidente). A sorte quixo que os reporteiros elexidos fosen "Jotapuntoelepunto" (tamén coñecido como Milucho) e "Epuntoopunto" (sen outros datos). Os pobres quedaron sen vacacións e sin cartos no peto, pero fixeron a súa labor como puderon (a pesar dos contratempos, que os houbo). Jotapunto tiña encomendada a misión de falar con Carla (Bruni, por suposto) e contarlle que era eso do "Ppuntoelepunto", como ela se dedica (¿ba?) a iso da música supuxemos que nos faría caso. Un problema de conexión entre ambos reporteiros impide que vos conte con máis detalle cómo foi exactamente o encontro. Así que: JL, MANIFÉSTATE E CÓNTANOS CÓMO CHE FOI. A reporteira feminina tiña que entrevistarse nin máis nin menos que co mesmiño Sarkosy. Il foi un perfecto Monsieur e, cando foi informado de todo, exclamou: Oh, la la, c´est une idee magnifique; très bien, trés bien (ou algo así). O caso é que quedou en ter colgado durante todo o mes de xullo un cartel promocional do noso festival nin máis nin menos que na torre Eiffel (de arribiña a abaixo, que non é moco de pavo). Xusto no momento en que firmabamos o pacto a cámara de fotos quedou sen batería, pero, para mostra un botón: o pin do pontelouco (que se ve mal, xa o sei) o pé da Torre.
Tan contento quedou este home que nos cedeu un cohe da súa colección privada (un tipo Starky y Hutch) para que nos movésemos o resto do día e fósemos visitar ó noso segundo "home": Quasimodo...
Sí, sí, xa sei que moitos estaredes decindo agora iso de: "¡pero si está morto!". Pois non, non é verdade. Recibiunos aquí, na súa casa (preciosa, por certo) e dixo que se retirara do mundanal ruido porque, dende que a xente descubrira que era fermoso por dentro, non o deixaban vivir. Díxonos iso de : Photos non s´il vous plaît! E nós respetámolo.
A il tamén lle pareceu unha idea fermosa e confesounos que no castelo do Castro, onde celebramos o festival, TEN UN AMIGO!!!!!!!!!!!! Alucinante, debe ser algunha pantasma dos pasadizos, non sei. O caso é que il tamén se fará eco de que o 2 de agosto do 2008 en Castro Caldelas (Ourense) celebrarase de novo o festival Ponte Louco. A súa idea é vestir as famosas gárgolas de Notre Dame con todos os modelos de camisetas que fagamos.
E isto é todo pola miña banda. Jotapuntoelepunto: espero as túas fotos e comentarios. E a TODOS OS AMANTES DO FESTIVAL DECÍMOSLLE: se ides polo mundo adiante facede o mesmo ca nós: PROMOCIONADE O FESTIVAL, FACEIVOS FOTOS COAS CAMISETAS, PINS OU CHISQUEIROS DO FESTIVAL E CREAREMOS UNA NOVA SECCIÓN: O PONTELOUCO POLO MUNDO (enviade todo ó correo do festival).
miércoles, 6 de febrero de 2008
NO CASTRO AINDA QUEDA ENTROIDO
Esta segunda sección é a dos fenómenos "paranormáis". Ise/isa que está tirado/a nas escaleiras foi un día o afamado filósofo e escritor dadaísta Hugo Ball (logo reencarnado en Hugo Boss). Parece ser que este ano decidiuse por un disfra "políticamente correcto e repectuoso coa lei da paridade". Non sei cal será a explicación que lle dará il/ela, pero eu só podo facer un comentario: A TÚA IMAXINACIÓN E OS TEUS DISFRACES SON AU-TEN-TI-CA-MEN-TE-CO-JO-NU-DOS.
Debaixo temos a un reno (¿rena?) con cornos de guantes de neve. Tamén me gustaría saber de qué estaba feita a careta... Isa pose, ise xesto, isa maneira de agarrar "la cubata" resúltame tan familiar!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ACLARACIÓNS DE FURAKAO
Saludos a todos los amigos, visitantes y curiosos: Quiero agradecer a todos los que me habéis votado vuestro apoyo y la publicidad que hacéis. Ante la situación enrarecida que hay en el concurso de maquetas, quiero dejar claro una cosa. NO TENGO NADA QUE VER CON LA MANIPULACIÓN DE VOTOS. He de reconocer (me lo dijeron el fin de semana pasado) que alguien a quien pedí el voto, ha manipulado la votación SIN MI AUTORIZACION NI BENEPLACITO. Me he puesto en contacto con la organización para decirselo y que tomen las medidas que consideren necesarias. AUNQUE YO NO SOY RESPOSABLE DE ESTE FRAUDE, TENDRÉ QUE ASUMIRLO COMO PROPIO. Os agradezco una vez más vuestro apoyo y seguiré considerando como votos válidos las más de 700 visitas, que incrementó este blog desde el inicio del concurso. Ya es mucho más de lo que esperaba!. Gracias!!!!!!!!!!!.
Desde hoy 4 de Feb. los votos anteriores están anulados, por lo que os pido que volváis a votar con el nuevo sistema. AHORA "hay que confirmar el voto"
Seguid votando , SIN HACER TRAMPAS.
martes, 29 de enero de 2008
Todos somo Furakaos
Este caldelao, o Carlos da Rúa Grande, está a participar nun concurso musical organizado por a companía de de güisqui máis galega que hai (dígoo polos gaiteiros). Esta é a súa carta de presentación:"Después de muchos años machacando tabernas y colegas, decidísubir otro escalón y llegar a más gente. Grabé una maqueta con "la banda de Nash" a finales de 2006 y estoy que lo regalo en myspace, para quien le guste."
Algunha desas tabernas das que fala son do Castro, e algúns deses colegas somos caldelaos, así que cremos positivo mostrarlle o noso apoio, para elo só tedes que entrar en:
http://www.100pipersmusic.com/detalle_banda.php?id=44
e darlle o voso voto para que non perda esas vellas costumes.
De momento está no podium, a ver se lle podemos votar unha man.
Sorte Carlos.
lunes, 28 de enero de 2008
ENTROIDO: OS COMPADRES E AS COMADRES.




Non sei si agora volve haber máis xente no entroido, se os nenos seguen co dos compadres e as comadres ( a min non me duraba nin un suspiro), si a xente se disfraza, si se tira fariña... Espero que sí, porque é unha rica tradición e sería unha mágoa non conservala para os que veñen detrás.
sábado, 26 de enero de 2008
Andaina por Caldelas

Saímos do castro cara Camba, onde realmente empezan os sendeiros, por aí baixaremos ata estrada que vai a Trives, e iremos por un camiño paralelo que cruza o Río Caldelas (por iso é conveniente levar calzado impermeable) ata chegar á fonte de Piñeira, e dende aí ir ata a piscina, área que atravesaremos para baixar polo sendeiro que vai á beira do río ata o Muíño da Ponte, e dende aí subiremos polo camiño que vai dar á estrada Monforte (Esta é a rota sinalizada e que ven no folleto)
Aquí ademais hai dúas variante:
1. dende a Fonte de Piñeira coller por Montemiau cara a Casasoá, Basteiros e baixar polo río ata debaixo de Condelle e iríamos dar á piscina por riba da ponde da estrada que vai a Mazaira. (esto sería 2-3 quilómetros máis)
2. Tamén dende a Fonte de Piñeira subiríamos ao Burgo onde colleríamos a Vía Nova pasando por Vilamaior ata Castrelo, e dende aí baixaríamos cruzando a Veiga de Sas, e dende Os Casares iríamos dar a Casasoá onde empataríamos coa alternativa 1.
Ó chegar ó Castro, temos idea de que cada un coa súa comida, vaimos comer á carballeira que hai debaixo do xardín que hai debaixo da parada de buses (tamén coñecido como o Versalles caldelao).
Para a tarde temos previsto outra rota que sairía do Castro po Vilanova, O Barreal, e Valverde ata chegar á curva do Rosario (uns trocos por asfalto e outros por camiño), e dende aquí subiríamos ata Pigueiros, As Barreiras concretamente, para ir ata a reitoral, onde colleríamos o camiño que baixa a Santa Tecla, pasaríamos por San Paio, e remataríamos na Abeleda, e dende aí volver en coche.
Todo esto é unha proposta á que cada quen se pode apuntar na súa medida (é dicir pódese vir só pola tarde ou pola mañá, ou incluso pódese vir só a comer o bocata).

Entón, o noso obxectivo é que participedes neste debate sobre cal sería a mellor rota, se estades dispostos a participar, ... nós xa temos algunha proposta, se vemos que o grupo é medianamente grande coller un microbús, que nos sairía económico; a data que propoñemos é o venres 21 de marzo (é o Venres Santo).
Esperamos as vosas opinión e a vosa participación. Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204603.
jueves, 24 de enero de 2008
¿CANTOS DÍAS FALTABAN PARA O COMENZO DO PONTE LOUCO?
Si vos fixades na enquisa da parte dereita, quedan 191 para votar, polo tanto 191 días para o Ponte Louco 2008.
¿Qué pensaríades se vos digo que estades enganados? ¿Qué sería de vós si vos digo que faltarán sobre uns 50 ou 60 días? ¿Tolearía? ¿Será outra coña mariñeira?
Como diría Maira (Gómez Kemp): "hasta aquí puedo leer"
ATENCIÓN OKUPAS DE ALZAPERNAS: O WOMAD CORRE PERIGRO


miércoles, 23 de enero de 2008
DISCO HOMENAJE A LOS SURFIN BICHOS
Conocí a los Surfin allá por el 92/93 en Santiago gracias a un amigo guitarrero y fan de Radio 3. El flechazo fue instantáneo. Su música está en tantos momentos importantes de mi vida, en tantos…, de los 90 y de ahora.
El caso es que un día los Surfin se separan y después de muy poquito surgen de sus cenizas dos grupos: Mercromina (a los que seguí poco) y Chucho, donde militaba mi adorado Fernando Alfaro y, claro, yo me fui con él. Disfruté de nuevo y de nuevo su música puso la banda sonora de otra etapa de mi vida, mi última etapa en Santiago. Los noventa se acababan. Chucho duró del 97 al 05 aproximadamente. ¡Otra vez me quedaba sin su música y sin sus letras!
Me pasé años escuchando a los Surfin y a Chucho, pero yo quería más.
Tiempo después Isabel León, la pareja de Fernando, sacó al mercado un disco titulado ISTOCHNIKOV. Ella se puso el nombre artístico de IS. Su música es muy recomendable también, tiene una voz preciosa.
Vuelvo a lo mío.
Cuando ya pensaba que para siempre Alfaro nos había abandonado musicalmente, un día, en el metro en Madrid, veo el anuncio de un festival en el que actúan… sí, sí, sí: ni más ni menos que LOS SURFIN!!!!!!!!!!!!!!! En el METRO ROCK, creo que esto fue por San Juan del 2006. Habían decidido juntarse de nuevo para dar una gira. El disco que ahora se publica (FAMILY ÁLBUM II) es el tributo que artistas fans suyos les tributan por esa gira. Os imaginaréis que allí estuve yo, invitada, además por mi querido Roge que ya se había convertido también al surfinbichismo. El concierto nos encantó, pero también nos dejó un poso de melancolía y tristeza el saber que era algo momentáneo, pasajero.
Otro día, en medio del caos circulatorio madrileño, escuchando radio 3 oigo, oímos que FERNADO ALFARO HA CREADO UN NUEVO GRUPO. Esto es ya la felicidad absoluta. Junto a su mujer, Isabel León, y otros viejos conocidos, han formado LOS ALIENISTAS.
En fin, qué más puedo pedir… sólo que si os interesa lo busquéis en myspace o vayáis a los enlaces que os dejo para saber más porque yo no puedo seguir escribiendo, estoy en éxtasis místico como Santa Teresa de Jesús.
http://www.publico.es/culturas/039865/surfinbichos/tributo/musica
http://www.hipersonica.com/2007/06/06-proximo-homenaje-a-surfinbichos
www.myspace.com/familyalbum2
EPÍLOGO Á ENTREVISTA DO GAÑADOR DO CONCURSO DE CAMISETAS
**NOTA: esta entrevista é pura ficción,UNHA FARSA, non hai nin gañador do debuxo, nin premio, nin nada de nada. Solo había esos debuxos para elexir, polo que a cousa estuvo fácil, e para máis coña o que o fixo é da organización, que recuperou ideas doutros anos. Vamos, unha pena, pero a ver se outro ano se anima alguèn. Aunque, eso sí, tede moi claro que o premio non vai ter nada que ver co que íamos dar este ano, pero coma non quixestes participar quedastes sen él.
MAIS FOTOS DOS FACHÓS
Na primeira poto temos a un ó que lle pisaron un juanete.
Aquí Bernardo (creo, perdón se non) coa Elena e o seu irmán Pedro "pajaritos" ambos.
De pandereteiras aparecen aquí as rapaciñas de Montederramo: a do medio é Natalia e a da dereita ¿Mónica, es ti? casi non te vexo
Aquí os nosos queridos "Airiños de Caldelas" de dereita a esquerda: Pedro, Tomás, Juanqui (o que estripou o dedo ese día pola mañá e acabou en urxencias, pero logo...tocando; iso si que é "pofesional"), Elena e Juan Luis. Na foto falta Anabel que viñera desde Madrid ¿onde estabas metida?
ADVERTENCIA
martes, 22 de enero de 2008
GAÑADORA DO CONCURSO DE CAMISETAS: A ENTREVISTA, POR FIN!!!!!

Estamos aquí ca gañadora (eso xa o podemos adiantar ) do concurso de diseño da camiseta do PONTE LOUCO’08.
-¿Cómo te atopas tras haber sido a gañadora do premio?
-Pois a verdade é que no no podo crer. Estou tan entusiasmada que non caibo en min de gozo.
_¿Cómo se che ocurriron, non unha, senon dùas ideas para a camiseta do gran festival de Castro Caldelas?
- Se che digo a verdade, levo coméndome a cabeza ( e moitas outras cousas que non vou contar aquí) dende fai máis ou menos medio ano. Despois de comerme a cabeza medio ano, decidín plagiar ideas directamente, non hai nada mellor que copiar cousas para rematar o antes posible, e non ter que estar facendo o tonto durante todo ese tempo pensando nun debuxo.
-Mira, ¿e con quen pensas facer esa viaxe maravilloso de sete días, con todos os gastos pagos?
-É algo que inda está por ver, o que si teño pensado moito, máis que na viaxe, é en ese licor, ese viño esos queixos da terra que tan ben me van saber...pero o da viaxe inda non o teño moi claro, ata aquelas xa decidiréi con quen me vou, xa se sabe, “la juventud er loca” e hoxe estás con un e mañá con outro…
-E o da barra libre, ¿qué che parece?
-Unha idea máis que estupenda, vou estar toda a noite o lado da barra (rodeada dos camareros “estupendos” do Ponte Louco) sin parar de beber. Estou pensando en que me enchufen unha goma directamente do barril de cervexa a garganta (tipo traqueotomía) para non andar a perder o tempo. Pero bueno eso o terei que falar ca organización porque igual, o estar tan preto da barra toda a noite, resúltalles unha molestia.
-Bueno pois moitas gracias por concedernos esta entrevista para o blog do PONTE LOUCO.
-Gracias a vos, e queríalle agradecer de todo corazón a organización o gran traballo que están a facer, e o gran desembolso feito para que eu poda disfrutar de este gran premio, que vamos é que case non se pode creer.
lunes, 21 de enero de 2008
XA TEMOS DIBUXO PARA A CAMISETA DO PONTE LOUCO 2008


FACHÓS 2008: O DESMADRE TOTAL (VISIÓN PARTICULAR E PARCIAL DA FESTA)
Como vos digo ista é unha visión totalmente particular e parcial do que foron os fachós porque évos imposible estar a todo. A min nestes eventos (principalmente fachós, festas dos Remedios e Ponte Louco) sempre me pasa o mesmo: váiseme a noite saudando a xente que non vexo casi nunca e, cando quero reaccionar, son as tantas da mañá e haise que ir para cama. Outra cousa que me ocurre é que teño memoria de pez, asi que... tócavos reconstruir o que saibades.O día presentouse fermoso no Castro, solciño e bo ambiente dende a mañá. Xa o Mingos do Grilo nos advertiu que a afluencia de xente ía ser apoteósica pois, aparte de caer en sábado, como hai neve en Manzaneda (prácticamente un milagre) moitos esquiadores lle comentaran que virían á noite.
O primeiro feito sorprendente do día, que anunciaba no que se ía convertir o pobo, foi que a praza do Prado se encheu de peruanos e ata había colchonetas hinchables. O primeiro xa ocurría dende facía algúns anos, pero nunca viñeran tantos, e o das colchonetas... Os que levamos vivindo isto todos os anos sabemos que non hai precedente semellante (jejeje).
A primeira hora da tarde a xente xa estaba traballando duro para que nós disfrutásemos pola noite. Aquí vedes o famoso “Tío Epi” dirixindo e vixiando o traslado de chourizos dende o Concello ata a igrexa.
Como podedes observar a colocación das viandas segue unha coidada estética que varía de ano en ano (mirade fotos de entradas anteriores).
Iste é o San Sebastián de palla que precede ó fachón grande.
A esta hora aproximadamente foi cando nos enteramos de que Juanqui “estripara” o dedo, menos mal que todo quedou nun susto e á noite xa estaba tocando a gaita que daba gusto oílo.
Aproximadamente ás seis fixemos a obrigada visita ó Horacio (Bar Patín Soto) a tomar o licorciño ou as herbas. Aquí é onde se empeza a quentar o ambiente: bebes licor, empeza a saudar á xente coñecida e o ambiente caldéase.Ás sete menos cuarto empezaron a subir ó Toural os e as valientes que portan o fachón grande. Eu nunca o levei e nesta ocasión debatinme durante moito tempo entre levar o pequeno ou non. Ó final optei pola segunda, porque coa cantidade de xente que había, ía ser un inferno meterse pola rúa do sol. Así que pleneei unha estupenda estratexia que lle comuniquei as miñas amigas Pili e Marta ás que vexo moi pouco, sobre todo á primeira (xa casi un ano e medio).
O caso é que Marta e o seu marido estaban con Miguel “o sonrinte fotógrafo” (vello coñecido de Santiago ó que atopo de cando en vez e é coñecido por todo o mundo. Sempre está rindo, polo menos sempre que o vexo eu, e sempre me di o mesmo: a ver cando probo esa bica. Todavía non o convidei nunca, unha vergoña). Como a Marta a miña estratexia de persecución lle parecía boísima obligoume a compartila con Miguel para que conseguise ás mellores fotos do día.
Eu conteilla, pero como bó profesional que é, xa fixera o percorrido e chegara as mismas conclusión ca min: esperar o fachón grande, e o San Sebastián de palla que o precede, no prado e ver toda a procesión que vai detrás; logo adiantarse a il por un atallo para atopalo na volta que da ó Castelo, onde conflúen a rúa do sol e a rúa grande. Nesta zona sempre vai moito vento e sempre pasa algo co fachón grande. Non sei cómo foi iste ano porque eu optei pola estratexia dúas: ir pola rúa pequena (por alí non hai fume e, como Marta está embarazada, era o mellor para ela) que vai desembocar á fonte que hai na rúa grande. Fixemos moi ben, porque alí montouse unha boa: o fachón grande empezou a arder sen parar, tiveron que tiralo ó chan, cortar os dous ou tres metros de palla “incandescente” ila esparcindo con forquitas pola rúa abaixo para que non se montase unha barricada de lapas e volver prender o fachón grande. ESPECTACULAR
Mentras tanto, os portadores de fachós pequenos morrían abafados (claro, hainos que se empeñan en levar o fachón para abaixo...).
Nós volvemos a baixar pola rúa pequena ata o prado e dende alí vimos a parte final: veña fachós e fachós, a procesión non acababa nunca. ¿Alguén sabe cántos fachós pequenos podía haber?
Logo chegou o momento dos empurrós polo chourizo (moi rico) e polo viño (tamén moi rico). Disfrutando da comida e da bebida empecei a atoparme con xente coñecida: coa nosa amiga Marisa que viña de Vigo, con un ex-compañeiro de piso noso de fai polo menos dez anos: Jose, alegreime moito de verte. Dispois vin ás rapaciñas de Montederramo, que nuncan fallan: Rosa, Raquele Mónica. Ata me deu tempo de falar con Cándido da súa actuación no Rubio (mirade outras entradas) e de descubrir que “anónimo descuberto para o mundo” e “anónimo que pide white label” son a misma persoa (secreto, secretísimo). Logo atopeime a Ricardito, o milucho... eu que sei. Nun momento avanzado da noite din cos gaiteiros e comprobei que o dedo do Juanqui seguí no sitio. Ó final, como xa facía frío e a queimada non nos gusta, Marisa, Jose, a súa moza e eu decidimos empezar a nosa particular procesión polos bares ¡qué perdición! Aí atopamos a uns vellos re-coñecidos de Santiago que nos fixeron rir e explicáronos que con lús chea non se pode podar! Acabamos tarde, moi tarde, pero cando marchamos para casa aínda quedaban algúns que outros coñecidos.Como vedes, a miña visión dos Fachós é parcial, así que necesito que completedes esas partes que eu esquezo ou non vivín. Que falen os gaiteiros, que falen os que levaron o fachón grande, os que levaron o pequeno, os que resistiron máis....

Só me queda por revelarvos quen levou o premio a elegancia. Pois non, non foi Raquelita (Barbie folk, ainda que viña moi apropiada como podedes comprobar na foto), foi o seu irmán Josito (mirádeo no medio da foto) que apareceu de “aquesa guisa” nos fachós, iso sí que é elegancia

