jueves, 7 de agosto de 2008

NORABOA A PABLO DEVIGO


A maioria de vós xa saberedes a noticia si onte lle botástedes unha ollada á Voz de Galia. Pablo Devigo, o gaiteiro caldelao (á esquerda da foto) , acaba de acadar outro premio máis. Niste caso falamos do McCrimmon do festival de Lorient. dende aquí queremos facerlle chegar a nosa noraboa por este novo éxito. Se queredes saber máis pinchade aquí: http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/08/06/0003_7039906.htm

TEREMOS QUE ESTAR PREPARADOS









ESTAMOS DESCONCERTADOS, INTRIGADOS E EXPECTANTES... ¿CON QUE TIPO DE MAXIA NOS SORPRENDERÁN MAÑÁ OS NOSOS AMIGOS DE LUMEARES? SERÁ MAXIA TIPO URI GELLER OU HOUDINI? ¿OU UNHA COUSA MAIS MODERNA COMA HARRY POTTER OU TAMARIZ?. NON VOLO PERDADES AMIGOS, O SABADO NON SE VAI FALAR DE OUTRA COUSA.
LUMEARES AS 18:00 HORAS


miércoles, 6 de agosto de 2008

Ponte louco 08 IV: As fotos do Fer do Campos

Como xa dixemos andamos na procura de máis fotos para que medre a galería de imaxes do Ponte Louco. O primeiro doador foi o Fer. Moitas gracias. Esperamos máis



Parte dos que nos comemos os marróns, é dicir a organización.



Nós contratamos uns títeres, pero parece ser que medraran as marionetas.

A pantasma e o David cuchufello mirando ¿?


É bo fotografo e mellor vendedor, viralle pola xenética...

Ademais ten a capacidade de ver cual é camiseta ideal para cada quen.



Como non estaba o Luisito "simpi", trouxemos a un sustituto, pero non foi o mesmo. Non te preocupes Alfonso, que despois da foto do Berni ninguén fai o ridículo.

Que ricos os cachorros (ou perritos), e eso que eran algo rebeldes.

O dúo sacapuntas. Mira que son animados estes rapces.


Telú embrazadísima, e demais Cuchufellos.


A tuna: "no me amenaces..."


O SON DAS PEDRAS

E tamén este ano, O son das Pedras en Montederramo, apra que non digades que non vos temos informados de todo o que pasa nas TERRAS DE CALDELAS

ROCK'N RIO: O CARTEL

Os de Río que tamén se están metendo no mundullo dos festivais, mándannos o cartel para que lle votemos unha ollada.

Moita sorte no voso estreo

martes, 5 de agosto de 2008

Ponte louco 08 III: O concerto

Aquí é cuando empezan a escasear as fotos (todo o que poda que nolas dea), xa que coma tiña que tocar cos Airiños non me puiden sacar fotos.


Tanghana´s Show, moi cañeros e sorprendentes.
Dos Cuchufellos, pouco queda que dicir que non se sepa. Tralo gran e bo cambio que deron o ano pasado, este podemos dicir que se consolidan polo bo camiño, cada vez teñen un repertorio máis animado, sonan máis a banda, ...
Da Tuna, que como estabamos na barra intentando solucionar os problemas da cervexa non puidemos ir sacar fotos.



Os malabaristas, espectaculares; e ademais nas fotos lucen moito.
Esperamos que nos inviedes fotos, xa que nos gustaría completar a galería e colgalos no flickr

Ponte louco 08 II: Xogos Populares, Títeres e Canier

Este ano a encargada dos xogos foi a Iria (Moitas Gracias). Botáronlle a man Paloma e Teti







E ata os títeres se animaron.





Seisdedos co espectáculo Varietés
E Cándido, que debido os nervios non deu terminado o monólogo, unha mágoa. Pero xa teremos ocasiónde volver a velo

Ponte louco 08 I: Todo empezou pola mañá


Coa feira de artesanía, outro ano máis, comezou o Ponte Louco, este ano menos concurrida, xa que moitos dos arte´sáns fixos foron a outra en Monforte. Pero serviu para ir creando ambiente.

Nós, coma sempre, co noso posto, aparte esta vez co retorno de Fer e Almudena, o que se notou nas vendas...


Carlos Blanco uniformado...

O insigne Claudio Movilla tamén...


Logo unha peqquena pausa para ir collendo forzas...

Aínda que houbo quen non parou: os batería-baixo da Tuna, que "onte (polo venres) tocaramos en Castro Caldelas, e hoxe (sábado) aquí". No coment

A RESACA DE TODO...


Andiven exiliada estes días e perdinme un montón de cousas do Castro e arredores: a feira do viño, ós contacontos en San Paio, o Pontelouco, a "non-actuación" dos Airiños en Pedrouzos... Onte cheguei de novo ó pobo, pero atopeime a todo o mundo como de "resaca". Non me contan nada, non me dan datos destes quince días de actividades. En vista de que quizás, como dixo Emitiendo para toda la galaxia, están tratando de recuperarse de tanta troula, metinme nos diferentes blogs do pobo, pero tampouco aí hai moito dato ¿alguén sabe qué pasou estos días por Caldelas? Datos, datos, queremos datos, anécdotas, imaxes...

P. D. José Luis, si me les por aí, faime unha reportaxe agora que supoño que xa es un xornalista titulado!!!!!

lunes, 4 de agosto de 2008

NOVE DE AGOSTO: SANTA TEGRA



LEMBRADE:
*ULTRAQANS E AIRIÑOS DE CALDELAS O 9 DE AGOSTO EN SANTA TEGRA

GRAZAS E VEMONOS NO PONTELOUCO'09

De momento, que saibades que seguimos vivos, inda non recuperados de todo pero sí vivos. Dádenos unhos días para colgar fotos e por o día o blog de todo, porque inda non sabemos moi ben onde andamos.

Eso sí, coma sempre, GRAZAS A TODOS POR TODO, sodes os mellores e sin todos vos e sin a vosa axuda o Ponte Louco non é nada.

E que saibades que as nosas cabeciñas non paran de tramar e xa daremos novas moi pronto do PONTE LOUCO'09.

viernes, 1 de agosto de 2008

Conta atrás


-Obélix: ¿para onde vas?
-Asterix: Marcho para o Castro que empeza o Ponte Louco
-Ei, que esqueces a poción másica
-Non te preocupes home, que xa vexo alí o druída PanORACIX.

martes, 29 de julio de 2008

LEMBRADE...









Como todos os anos lembramos a todos os Pontelouqueiros que nos axudedes a facer posible o PonteLouco ca compra da camiseta e dos chisqueiros, e que o botellón acaba co Ponte Louco, o sea que, consumide na barra, que os prezos son baratiños e así axudades a que se poda seguir facendo o Festival.



Tamén vos queremos lembrar que podemos ter visitas inesperadas e "secretas" no recinto do Festival, para que o teñades en conta e no haxa sorpresas, e por suposto que tedes a obligación de PASALO BOOOOOMBA E DE POÑERSE LOUCOS!!!!

lunes, 28 de julio de 2008

Horarios


1o:00 Feira de artesanía (que ademais coincide coa feira)
17:00 Xogos para nenos (organizado por Iria)
18:00 Titeres: Seis dedos coa obra varietés
19:oo Malabares
19:45 Monólogo. Canier


21: 15 Pasarrúas. Airiños & friends


23:00
Pregón pola fantasma do castelo, e foguetes
TANGHANA´S SHOW
CUCHUFELLOS
TUNA RASTAFARI


Ademais recordade que existe unha zona de acampada

E que ademais, segundo informa o INM, outra vez máis acompañaranos o tempo