lunes, 30 de julio de 2007

OS IMPRESCINDIBLES V: JUAN LUIS


Podemos decir que hoxe en dia Juan luis e Alejandro supoñen as duas cabezas do monstruo (no bo sentido) bicéfalo que é o Ponte Louco. ¿Qué vos podo contar eu de Juan Luis? Fala cos grupos, co sonido, pide subvencións, diseñou a camiseta, etc... En fin, como comentaba mais arriba, xunto con Alex é na actualidade o pai putativo desta loucura.
Teño un problemiña coas fotos e, como ando de vacances polo cantábrico cual anchoa, non sei cando poderei solucionalo. Ata entón ide aguantando coa saga dos imprescindibles "sen careto", xa llo poredes pronto.
SO FALTAN 18 DIASSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS

domingo, 29 de julio de 2007

OS IMPRESCINDIBLES IV: NATALIA (sen ela quedariamos todos secos)


Continuando coa serie dos imprescindibles que, por certo, tiña un pouco abandonada, aquí tedes a Natalia ("a de Monterramo"). Dende o principio axudou no que pudo no festival e dende hai xa tempo tomou o relevo de Rois e encárgase do bar: é dicir, de que ninguén de nós pasemos sede e de que ós que están currando detrás da barra non lles falte de nada. ¡Qué seria de nós sin ela!!!!!!!!!

martes, 24 de julio de 2007

PONTE LOUCO IV


E este é o cartel do cuarto Ponte Louco. Este foi un ano accidentado pois no último momento os de Tejemaneje deixáronnos colgados. Particularmente penso que gañamos co cambio porque no seu lugar viñeran DOCTOR COTOMONDONGO Y SUS METALES PRECIOSOS... UNHA AUTÉNTICA FESTA!!!!!!!!!!!!!!!! Xa sabedes que a miña memoria non anda ben, así que esta vez gustariame que foses vós os que comentades o festival dese ano, eu prometo ir engadindo as imaxes que teñan que ver co que digades ¿gústavos o trato?

O cartel deste ano é de Juan "Grifo" e o diseño da camiseta fixémolo os da organización (xa non nos quedaban amigos dos que abusar).

O CARTEL DO PRIMEIRO PONTE LOUCO




Gracias a Jose "Lisi" de Trives temos esta foto do cartel do primeiro ano. Teno na cabeceira da sua cama en lugar da típica figura dos anxiños rezando, que non lle pegan nada. Lémbrovos que o dibuxo deste ano fixerao Claudio e o cartel, Carlos. Pois gracias a todos. Por certo, Jose é o rapaz sorrinte de camiseta gris que vedes no medio do gaiteiro e do "bombeiro" que deron o pasarrúas do Ponte Louco IV.

viernes, 13 de julio de 2007

PONTELOUCO 2003






No ano 2003 celebrouse o terceiro festival Ponte Louco. O cartel deste ano foi feito por Juan "O Grifo" de Trives. Persoalmente foi un dos que máis me gustou (ollo, sen desmerecer a ningún dos outros porque todos estiveron xenial) polo colorido. É unha mágoa que munca se poidese facer unha camiseta así por problemas de impresión e porque ían sair moi caras pois tiñas moita cor. Como vedes no cartel, este ano o Ponte Louco celebrouse a principios de agosto e creo recordar que eso se notara na afluencia de público, ainda que ben chegou a xente que houbo (sobre todo para os que se quedaron no bar e tiveron que limpar despois o patio do castelo). O debuxo da camiseta deste ano era obra de Moxón de Montederramo. Os grupos dos que poidemos desfrutar foran os nosos queridos Cuchufellos, a Txaranga Revoltosa e o Jarbanzo Negro. Estiveran tamén os do Folión de Manzaneda, que montaron unha festa impresionante. A maxia, os títeres, os malabares... todo foi estupendo. Como ás veces unha imaxe vale máis ca mil palabras, déixovos desfrutando das fotos (este ano xa tiñamos dixital e hai máis documentación gráfica) e xa nos diredes que vos pareceu o festival deste ano.

miércoles, 11 de julio de 2007

CAMPIONATO DE TUTE


O sábado 21, a partir das 16 horas celebrarase o primeiro campionato estival de tute en beneficio do Ponte Louco. Se te queres anotar podes facelo nos bares Avenida, Grilo e Luar ata ás 20h00 do venres día 20. A cuota de inscripción son dez euros. Haberá grandes premios. Apúntate e sorte!!!!!!!!!!!!!!

FEIRA DE ARTESANÍA 2007




Este año contaremos con una nueva edición de la feria de artesanía organizada por FETECAL. La Federación de Empresarios nos acompaña con esta feria desde los inicios del Ponte Louco. Este año contaremos con muchos de los artesanos habituales (cesteiros, orfebres, cuero, madera, abalorios, jabones, productos naturales, etc...). Si eres artesano y estás interesado en que tus trabajos se expongan, ponte en contacto con Dori (988 204 630) o Sonia (988 203 170).

viernes, 6 de julio de 2007

ÚLTIMAS NOVAS PONTELOUCO 2007


Xa podemos confirmar a presencia tanto dos Cuchufellos como da Charanga os veraneantes. Entre chapuzón e chapuzón (mentras o tempo o permita) seguiremos informando das novidades do PONTELOUCO 2007. Non esquezades mercar as camisetas e non esquezades tampouco que en breve será o Festival de Queixa. Alí estaremos todos.

lunes, 2 de julio de 2007

PONTELOUCO 2002


En el año 2002 se celebró el segundo Ponte Louco. Los grupos que actuaron este año fueron: Macfet (entraron tocando en el patio de armas), Lamatumbá y Alberto Bumdi. Este último consiguió que casi todo el patio se tirase al suelo a hacer la "bicicleta". Por primera vez se unieron al festival los malabares y el teatro para niños. En la parte de atrás del escenario se proyectaron diapositivas de la zona hechas por Eladio (gracias), el proyector era custodiado con mucho celo por Soto y José Luis (gracias a ellos también). El cartel de este año lo hizo Juan "O Grifo" y el diseño del dibujo de las camisetas y mecheros fue obra de nuevo de Claudio Movilla. En 2002 tuvimos la suerte de ser visitados por primera vez por la secreta, tanto debió de gustarles nuestro festival que ahora suelen visitarnos casi todos los años.

CUCHUFELLOS NO PONTELOUCO 2007


Xa está confirmado, Os Cuchufellos tocarán este ano no Ponte Louco. O que non se sabe ainda é si estarán acompañados por algún "ex-Jarbanzo Negro" ou non. Poderemos escoitar a Ramalleira en directo no patio de armas do castelo. Para quen non o saiba este tema está a punto de convertirse na nova canción do verán, desbancando o mesmiño Georgie Dann e o seu último éxito "Mecagoentó". Visitade o blog dos Cuchufellos, alí poderedes escoitar o seu último disco