Repasando as fotos doutros Ponteloucos vin esta de Lois e deume morriña. Lois tamén é imprescindible, axudaba cando estaba aquí. Pegaba carteis, acompañaba ás charangas nos pasarrúas e foi o encargado nos últimos anos de facer de relacións públicas cos artistas e mirar porque estes non pasaran fame e sede. Agora Lois traballa en Vietnam e non pudo quedar ó festival. Ímolo botar de menos, pero tomaremos unha copa á sua saude. Un bico moi grande.
Tamén nos da moita pena que Fer e Almudena non podan acompañarnos, eles son os mellores vendedores de camisetas da historia da humanidade. Un bicazo enorme tamén para eles e tamén tomaremos algo á vosa saude (ainda que acabemos arrastrados).
1 comentario:
Do Fernando non tiñamos unha foto mellor, e da Almudena nada. Ahí estás tal cual o Campos, eh!
Saúdos para Uña
Publicar un comentario