O sábado 10 de maio celébrase a segunda edición do Rali de coches antigos de Castro Caldelas. Parece, como se pode ver na web de Mangallo Clasics que a inscrición vai ben, xa hai uns cincuenta inscritos. Esperamos que teñan mellor tempo que o ano pasado, que caían chuzos de punta...
4 comentarios:
Eu o final non participo porque non hai catergoría de "coches oficiales", pero o percebes ainda ten moita tralla que dar...
Como que non participas?
apúntate xa, que eu xa estou dándolle os últimos retoques de bombo ó meu!
E ademáis voulle meter combustible de fritanga de girasol que seica anda moito máis e deixa un arrecendo moi guapo polas estradas.
Por certo ti de que lado cargas?
Eu coñezo a un torero que carga de dereitas...jjejeje
Forestal eres capaz de vir co auto cheo de aceite e logo incluso facer unha churrascada co que che quede.
E que claro o do chiste do 600 pedindolle paso ao mercedes fíxose realidade e agora co superpreparados que van estes eu co precebes non farei nada, e eso que para alixerar peso o meu pai deixouno sen intermitentes ao gardalo no garaxe...
si eu tamén cargo pola dereita, o gasoil.
Publicar un comentario