A primeria "sorpresa", son os Cuchufellos, a que ninguén o esperaba?. Para os despistados, dicir que estes son os de Manzaneda, que xa tocaron tres veces no Ponte Louco.
As verdadeiras sorpresa son Tanghana Show e a Tuna Rastafari.
Os primeiros son sete vigueses que formaron un grupo no ano 2005 dificilmente difinibles a nivel musical, pero nos que se ven claras influencias do ská e o rock, nos que o ventos lle dan unha forza que fará temblar o castelo.
A Tuna Rastafari é un grupo de Tex-mex que forman dez rapaces. Dez Mozos, que din que o espectaculo é a sú bandeira e que a súa finalidade é reventar todo escenario que se lle poña por diante... ¿caerá o Castelo por terceira vez, despois da Invasión irmandiña e das xeniais ideas do Xeneral Loison, que foi o que queimou o castelo, como ven se pode ver no noso escudo?. Verémolo o 2 de agosto.
Ademais dicirvos que coma tódolos anos haberá máis cousas ó longo do día: feira (coas pulpeiras, xamóns, bragas-faixa, ... ), feira de artesanía, teatro (Van repetir Trécola), monologos (andamos en trámites con Rigu e Canier), Break-dance?? (pasará a vergoña o Tomás?)
En fin, seguiremos informando.
21 comentarios:
Ooooooooooooooooooooooole!
Este ano pinta moi ben, e mira que estaba difícil porque para superar ós fabulosos cubatas... gracias e parabéns ós da organisasión e, para o que queirades, xa sabedes onde estamos o forestal e máis eu que, coma se di moito por terras chantadinas: "que con gracias non se paga..."
Espero, que coma outros anos, teñamos sorte e gusten os grupos. A verdade a que o outro día estivemos escoitando algo de eles na casa da accidentada e do forestal e daban gañas de choutar ( a Roseta non podía porque co collarín igual se esmoucaba).
E dille o forestal que este ano necesitamos del para bailar os corridos (que sei que ensaia en Moldes cun cd dos Mariachi Garibaldi), así que non faga plans para o día 2 de Agosto.
Roseta ¿qué fas con collarín????
Teño que dicir que estou envidiosísima perdida porque despois de escoitar os grupos eu tamén chouto e choutaría de millor gana o día 2 xa sabedes onde (ainda que sei que en Lacoru pasareino tamén requetechupi). Vouvos pedir dous favores: que algún "ebrio" (si é que quedan) grabe o PL en vídeo e dispois poñédesmo en plan "vídeodelaboda", o outro favor é que me merquedes unha braga-faixa porque dispois do convite igual o necesito.
Vale. doume por aludido. Se podo fareiche o "videodelaboda" e incluso podemos facer un "docu show". En canto á "braga-faixa" podo preguntar por Salgueiriños que mals será que non teñan algo.
Moito pulso pensas ter para facer o video. Non sei eu acabará ese docu-show...
A verdade é que si alguén estivese o suficientemete "decente"para facer o documental ver un vídeo coas barbaridades do PL pode ser unha risa...ou dúas.
Os que lle toca traballar na barra, "en xeral" están en bo estado, polo menos mentras curran, pero claro, se están servindo é imposible que podan grabar eles, e en todo caso habería que grabarlles un video a eles, porque podo asegurar que hai momentos na barra que rozan a traxi-comedia.
Currar non deixa de ser outro modo de ver o festival,e a verdade e que o estar sereno no medio dun Festival que do que trata é de poñerse louco é toda unha experiencia.
A lo mejor podíamos instalar cámaras como las de tráfico en cada columna del patio de armas... lo que allí se vería... ¿Se necesitaría el permiso de la duquesa??????
Mellor instalar un radar para medir a velocidade do baile, para soplar nada que xa se sopla todo dios na barra.
Respeto o do documental creo que non hai solucción, o PL hai que vivilo, con velo non chega... e se o fai o da telegaita seguro que vai sen pilas, esquecese da cámara ou cando se caiga os músicos do escenario está na barra...
Dos grupos teño que dicir que a Tuna Rastafari cada vez que os escoito mólanme máis, ... No me amenaces, no me amenaces,... e seguro que a Luisa da pena tamén, e o forestal, e o que non é porque é un pinche chingón.
Ahí os dejo este pinche cabrón de unos gringos CHUPA CHI CHI!!!!!!!!!!!!!!!VIVA EL ADVENTURERO
http://es.youtube.com/watch?v=H2Io2cK19KY
Ahá! Así que finalmente queredes meter algo de briki-dance co Tomás... Cuidado que tal e como están as cousas ainda vai eclipsar ó resto dos grupos.
Gracias por anticipado a todos os que facedes o festival, que ainda que dín por aquí que con gracias non se paga... xa vos pagarei en camisetas, chisqueiros e auga do baño( é para despitar ós secretas).
Oscar.
De nada, a todos os que vides o festival e que axudades a que o blog teña "vidilla", pero xa quedamos que por moito que nos fagas a pelota o do White Label inda está por ver...
Joder Natalia, yo creo que ya deberíamos tomar la decisión de comprar aunque sólo sea una botellita de White label, que óscar se lo está currando de lo lindo!!!!!!!!!!!!!!! Non sexas tan exixente, que como nos abandone o de Lumeares a ver que facemos no blog!!!!!!!!!!
Veña Natalia enróllate co White Label que sobrar non vai sobrar, xa sabes que chegada unha hora baixamos o que sexa... cosas peores nos habremos llevado a la boca jejeje
Me gustan las altas, las regorditas, las chaparritas,... Moi bo vídeo, a ver cando te marcas un forestal-torero.
E o do friki-dance dicir que estivemos mirando un grupo que se chaman os chiquilicuatres antes de que saíra todo isto, pero non chegamos a acordo económico, casualidades... ah! que por certo son xente que estivo tocando no PL coa Compañía do Ruído, se os chegamos a traer algún seguro que lle pediría a do "perrea, perrea"
Si o tomás baila o brikindance, eu quero bailar o crusaito
Roseta o do limón exprimido entendo que non é unha indirecta non? Acórdate de levar un kg. de limon por si acaso...
Eu de verdade vos digo que a estas alturas non quero o White Label, beberei o que sexa, porque do contrario, como haxa White label habedesmo meter ata polos ollos, habedes facer que me farte dél.Xa me vexo a pouco de empezar o festival saindo en ambulancia, e mira, xa tiven que ir unha vez a unha boda e perder o festival, xa me chegou.
Oscar.
Pensao ben, porque estabamos pensando en comprarche un caixiña, pero se dis que non che apetece, pois nada...
Roseta, dille o forestal que a él imoslle levar unha botella de tequila para que se marque un numerito dos que fai él tipo dragón.
Indirecta? que va...
Este ano non se me esquecen; non pase o do ano pasado que tivemos que chamar a unha tía da Anita para que nos mandase uns pola súa irmá que, aínda non saíra da casa; a conversación telefónica non tivo desperdicio: "Tía Rosi, mándanos por Julia unos cuantos limones al Ponte Louco, y no hagas preguntas"... só nos faltou pedirlle un rollo de papel de aluminio e unas cucharillas jejeje bicos a tod@s
Publicar un comentario