Pola maña Houbo pasarrúas, eu como estaba tocando so puiden sacar fotos ós expontaneos que se animaban a tocar o bombo. Temos que pedir desculpas porque como estamos a principio de verán non dimos collido veno ritmo e non demos chegado a Soutelo (claro parando en todas as bodegas).
Ainda que pareza que o Cándido traia unha prea da ostia é que está repenicando as campás. Xa se sabe procesión, misa...
Despois do xantar popular houbo que se animou a bailar co bandullo cheo de pulpo, feito pola nai do Pío, moi rico por certo.
Despois do xantar popular houbo que se animou a bailar co bandullo cheo de pulpo, feito pola nai do Pío, moi rico por certo.
Todo moi ben organizado, este como podedes ver é o baño, co papel, a auga e a xente sentadiña, cada un o seu.
Houbo sorteo de lavadora portatil, o número agraciado según o Luis de Soutelo foi o "corenta e cinco mil, sete mil trecentos vinte e oito", despois de un momentos de incertidume comprobouse que o gañador foi o xastre de Santa Tecla. ( A ver se dou colgado un video estes días)
9 comentarios:
Lavadora portatil? Non sabía que éramos tan modernísimos!! Pero claro...O xastre tería que ver como funcionaba o choio.... e no baño temos a muller do xastre con sonrisita picarona e o Pedro tan eschouso que ata o deixaron sen rizos... queremos mais fotos dese baño!!!!
Oscar.
A verdade é que os de Lumeares son a boooooooooooooooomba. Casi me parto vendo a foto do baño e quedei moi sorprendida co da lavadora portátil (non me viría mal unha). Eu tamén me uno a esa NORABOA a todos os que fan cousas por pasalo ben e porque os demáis fagan o propio. Óscar ¿non me dirás que perdiches semellante acontecemento???????????????
Contan que as malas lingoas, que o Luis de Soutelo aguantou todo o pasacalles cos Airiños de Caldelas, de ahí que teña esa cara na foto e que despois non dera leído o número do sorteo...Ahora eso sí, é un valiente, porque dígovos eu que aguantar un pasacalles o ritmo dos Airiños (e non me refiro solo o paso que levan, se non tamén o ritmo de parada en bodegas) é toda unha heroicidade.
¿corenta e cinco mil, sete mil trecentos vinte e oito?, un número espectacular e nunca visto nin oido.Espero que non o contraten para S.Ildefonso
Un lapsus lo tiene cualquiera. Serían los nervios de la fiesta que debió de ser de aúpa.
MIRADE O VIDEO
Buenísimo, no tiene desperdicio!!!!!
Este rapaz é un artista...
Por certo, estamos pensando en facer rifas para o Pontelouco só para levalo a él para cantar o número. En dúas palabras IM PRESIONANTE.
Publicar un comentario