domingo, 21 de septiembre de 2008

A camiñar

O domingo 28 celebrarase en Ourense o II Maratón do Miño na que hai dúas modalidades: carreira (individual e relevos) e andaiana (individual e relevos). A rota ten saída na praza maior de Ourense dende onde se achegara polas Lagoas ata o Paseo do Miño (de Velle a Outariz) ó que se lle dará dúas voltas, en total 42,195 Km (como toda martón). A inscripción 15€ (eran 10 ata o domingo) e polo feito de inscribirte danche unha mochila cuns cantos agasallos que polo que teño entendido merecen moito a pena.

Tamén dende o Concello de Parada do Sil están a preparar a II CARREIRA DE MONTAÑA EN PARADA DE SIL que ten como prazo de incrición ata o 19 de Outubro e unha cota de 8 e 10€, en función de si es ou non federado. Podedes atopar máis información da web do Clube de Montaña da Ribeira Sacra. A rota será a mesma co ano pasado, pero iste ano coa novidade de que está homologada, da que segundo acabo de saber hai uns folletos explicativos.
Tamén en datas proximas celebrarase no Concello de Nogueira de Ramuín a 1ª Ruta do barallete, concretamente o sábado, día 4 de Outubro. Aorganización defínea coma "unha ruta para todos: camiñantes, corredores, ciclistas e persoas con movilidade reducida". O percorrido será de 21 km (media maratón) e de 8km para so de movilidade reducida.

3 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Que ninguén se asuste polo dos 42 Km. Do Castro vamos ir uns cuantos, uns con mellor forma que outros, pero coa idea de parar no segundo paso por meta (18Km), así que se alguén se anima e busca compañía, que contacte con nós, e se hai algún que queira facela toda, pois esperarémolo na meta para aplaudirlle

Natalia dijo...

Si, porque 42 km. é algo moito, haberá que ir facendo algo menos a ver qué pasa.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Imos ver como nos vai, menos mal que é todo chan.
Eu vou sair pensando na bolsa de deportes que dan con chourizos, chocolate e lomo....
Creo que eso vaime axudar a facer os 18 km.