viernes, 26 de septiembre de 2008

Monterramo en Jólibu


Montederramo vai ser visto en Jolibu. A película Los Girasoles Ciegos foi preseleccionada para representar ao cine español na Gala dos Oscar e como xa saberedes parte desta foi rodada no mosteiro de Montederramo. Se nos elixen van a flipar os Ianquis.
Quen nos verá acompañando ás nosas grandes estrelas (Victor, Paula, Alberto L., etc.) pola alfombra vermella.
Codearnos con Cloony, Barben, Allen, os Cohen, ...
¡Aurora! vai preparando o medelito, levaremos o licor café e exportaremos os fachós, a feira da carne e, como non, o Ponte Louco. Esta gala, se hai sorte, vai marcar un antes e un despois nos Oscars.

1 comentario:

Bautista Sotelo dijo...

Toda unha sorpresa, descubrir como se vai ampliando a blogosfera caldelá. Moito ánimo. O mundo é tan amplio como un queira imaxinar. A fronteira espacio, tempo e posible traspasala cos novos medios. Un saúdo.