Segundo a predición da AEMET, as neves, este anos, serán tempraneiras. A predición é, se cadra, máis inestable do normal, porque modifican a cota de neve cada dous por tres: pero parece que o xoves e venres a cota vai estar entre os 900m e os 700m, co que se podería repetir a estampa.
12 comentarios:
ese refrán soplaroncho o outro día non?
Ogallá veña a neve, bueno que nos deixe chegar o Castro,pero que neve, que neve! Haberá guerra de guerrillas se ven a neve, coma o ano pasado en semana santa que o saires do Luar as seis da mañá houbo ataques por sorpresa.
que eu teño as cadeas no Castro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pareces o Pemán co "se cadra" je, je
Nin Pemán, nin AEMET, nin nada... o repertorio é o que sempre acerta, e para que vexades que non é mentira:
O tempo. Novembro:
"Os días fanse moi curtos e abundarán os nubrados con ventos algo fortes por algúns días. Tamén falaremos dalgunha semaniña seguida de chuvias que xa farán medrar os regatos, pero cando o tempo chuvioso remate, as noites xa deixarán mañás xeadas e poida que asomen as primeiras neves nas montañas. Mes estimado polos afeccionados á boa mesa cos magostos, viño albariño ou caíño, filloas de porco e xa polo final chourizos de zorza fresca".
Aló polo remate do mes xa me diredes si acertou ou non?. Ricardo Rodicio.
Ricardo, ti dirás o que queiras pero o Pemán fallar non fallaba nunca. Eso si quedabas coma estabas despois de ver o tempo.
Á túa predición eu daríalle algo máis de escasamente o cento por cento de posibilidades de acertar.
Saúdos
Ja, ja...Está visto que entre o Pemán e o almanaque do Ricardo é imposible fallar, son infalibles
Qué susto!!!! Ó ver a foto pensei que xa nevara este ano...
eu o que quero saber é si mañá poderei viaxar sen dificultade ¿algún pemán que me informe?
Bueno, eu que queres que che diga, tanto como informarte de se terás unha boa viaxe... quen o sabe. Pero iso todo depende
Eu....sendo todo o explendoroso que podo ser resignareime a que a Encarna disfrute da neve este fin de semana e a leve toda para cando vaia eu en 15 días..snif...snif....jeje.
Oscar.
Información meteorolóxica: nin unha folerpa de neve en todo o camiño, eso sí: vento e chuvia ata sanabria, despois un sol esplendoroso. Espero que dentro de 15 días teñades sorte e quededes atrapados eiquí
últimas novas: ó final NEVOU!!!!!!!!!!! o suficiente como para ver as folerpas e acojonarnos pola volta da viaxe pero non tanto como para que cuallase.
por certo, Óscar, se vas pensando en magosto, chourizo e tal, dúas cousas: as castañas teñen vermes coma puños e os chourizoa repiten que nin che conto...
Publicar un comentario