lunes, 27 de octubre de 2008

OUTONO FOTOGRAFICO II

Outra veciña de Terra de Caldelas no Outono Fotográfico.
María Castro exporá no Centro Comarcal de Castro Caldelas a súa obra "AZUL".
Trátase de unha proxección das suas fotos así que acercádevos a velas.

María X (Pérez Castro)Castro Caldelas, Ourense, 1979

Iniciouse na fotografía de forma autodidacta; posteriormente foi alumna do fotógrafo Peter Schneider, e realizou o Ciclo Superior de Fotografía na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago. Antes de terminar os seus estudos comezou a facer fotografía para a publicidade de empresas e negocios. Así mesmo, impartiu varios cursos de iniciación á fotografía en institutos e escolas privadas. Na actualidade traballa como autónoma: desde 2004 colabora co Patronato Provincial de Turismo de Ourense, realiza fotos para a publicidade de empresas de todo tipo, e no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desde o ano 2002. Nestes momentos realiza as fotografías para unha guía turística sobre Ourense que publicará este ano a editorial Everest. Ten múltiples exposicións individuais e colectivas, tanto en Galicia como en Portugal (Braga, Lisboa, Porto), e ten imaxes publicadas en varios libros, como Cociña tradicional do Ribeiro ou o volume 3 de As mellores receitas da cociña galega, ademais de portfolios nas revistas La Fotografía Actual e Búsola

2 comentarios:

alegria dijo...

excelente artista e persoa, un bico e ánimo María

Anónimo dijo...

É unha mágoa que estea tan lonxe da terriña (iso si, co espirito de Castelao coidando de min) e non poida disfrutar desta exposición. Non me cabe dúbida de que será un éxito. Ademais o merece por... loitar. Un bico enooooooorme!