Escoltado por berros de: POETA, SOÑADOR!!!!!! comenzou onte o "recital-concerto" que Pablo Guerrero ofrecía no marco do PLAY CÁCERES.
Curiosamente, no Foro de los Balbos había representantes de todas as xeracións: nenos, adolescentes, trintañeiros, nostálxicos... e de todos os estilos: dende estéticas hippies ata punkis, pasando pola miña que se pode calificar de absolutamente normal.
O escenario iluminouse e a voz rota e grave de Pablo envolveunos a todos, eu diria que nos hipnotizou. O poeta, o soñador, o cantautor, mezclou no seu espectáculo de onte o recitado de poemas da súa última obra publicada (Escrito en una piedra, Visor libros, Madrid, 2007) e os temas do seu último traballo discográfico: Plata.
Absolutamente xenial, as caras de felicidade da xente dicíano todo: Pablo Guerrero gusta, e gusta moito.
Ós portugueses TERRAKOTA non os poidemos ver porque se non non pillabamos bo sitio para Pablo Guerrero, pero o pouco que escoitamos de camiño ó segundo escenario gustounos bastante. É un grupo mestizo moi pontelouqueiro.
Para saber do concerto de Noa remítovos ó blog de Roge, so vos adianto que foi EMOCIANANTE, iso é unha voz e un bo sonido.
Seguiremos informando, o próximo venres tócanos GECKO.
2 comentarios:
O que son as cousas eu a quen coñecía é a Terrakota.
Son un grupo de Reggae lisboeta, é curioso que o movemento Reggae que hai en Portugal é infinatamente máis grande que o español (imaxino que será cousa das colonias), moi influenciado pola música de raíz, apostando por unha maior unión coa terra e cuestionando a modernidade.
Parécenme interesantes, pero quédome con Kussondulola, tal vez por ese grato recordo da infacia chamado, Xabarín Club
O CONCERTO DE NOA FOI UNHA PASADA. PRESENTOU O SEU NOVO TRABALLO "GENS AND JEANS" DONDE EXPLICA MUSICALMENTE O PERCORRIDO DA SÚA FAMILIA DENDE YEMEN ATA OS ESTADOS UNIDOS, PASANDO POR ISRAEL.
DEMOSTROU QUE ADEMÁIS DE TER UNHA VOZ CON MOITOS MATICES, SABE TOCAR A PERCUSIÓN E MÓVESE DE FORMA ELEGANTE NO ESCENARIO.OS SEUS MÚSICOS SORPRENDERON MOITO Ó PÚBLICO XA NOS ENSAIOS DE POLA TARDE, DONDE OFRECERON UN ESPECTÁCULO OS POUCOS QUE ESTABAMOS PRESENTE. UN LUXO!! MOI RECOMENDABLE.
Publicar un comentario