REEDICIÓN: Engado esta foto porque o Lois vai de protagonista e so nos manda as súas fotos, pero como se pode comprobar a Sabela tamén ía equipada para a viaxe.
Xa hai uns meses falamos deste pontelouqueiro, e entre todos parece que lle iamos quitando importancia aos seus viaxes polo sudeste asiático. Entre o resto de viaxeiros por Suíza, Italia, Portugal, Ás Médulas e o viaxe frustrado a Xamaica, fomos restandolle importancia á superioridade das súas viaxes.
Tamén hai que citar ao Campos, que andibo de cruceiro polo Mediterraneo, mecou a camiseta do Ponte Louco, púxoa e esqueceuse de sacar a foto. Gracias
Pero aquí está de novo o Lois vencéndonos ao ancho e, agora, ao alto, do planeta. A foto está tomada, con bastantes dificultades, no Monte Kinabalu, en Borneo, que con 4095,2 ms é a montaña máis alta do sudeste asiático. A viaxe leva dous días camiñando duramente, pero según informa é peor a baixada. E se queredes ver máis fotos das viaxes del ide a súa galería.
Dificilmente igualable.
Tamén hai que citar ao Campos, que andibo de cruceiro polo Mediterraneo, mecou a camiseta do Ponte Louco, púxoa e esqueceuse de sacar a foto. Gracias
3 comentarios:
Cachis, quitounos o récord de altitude a Belén e a min por 200 m.
Teño que buscar outra montaña para volverme facer co nomber one do Ponte Louco en altitude
con este Lois non hai quen compita
O pobre vese que estaba a pasar algo de frío pero ven se ve coma fai un esforzo para mostrar a camiseta. Estre rapaz é xenial.
Publicar un comentario