Mentras todos andades por aí de troula (QUEN TEÑA VIÑO, QUEN TEÑA VIÑO QUE ME DEA UN POUQUIÑO), eu estou intentando evadirme para non pensar nos fachós.
Xoguei ó tetris (sg un estudio é moi bo para olvidar traumas), acabei de ler a última novela de Murakami (moi, moi recomendable), fixen crema de verduras.... e como xa non podía máis e a morriña pesábame coma unha louxa, decidín reler as entradas do ano pasado.
Nelas descubrín que fai un ano o Juanqui ESTRIPARA un dedo e acabara en urxencias. Entón atei cabos e descubrín que aí empezou a maldición dos dedos estripados no Castro... misterio digno de CUARTO MILENIO.
(AQUÍ TEDES MATERIA PARA O CONCURSO DE RELATOS DO PONTELOUCO, COMO EU NON PODO PARTICIPAR...)
4 comentarios:
Creo que esa historia promete porque ademáis hoxe dase a circunstancia de que é o BICENTENARIO do nacemento de ALLAN POE, o pai do relato gótico ou de terror ( e outras moitas cousas). Seguro que el faria algo fantástico con esta materia prima
Non seades tan burleirounesssss.
Bicos.
Non sei quen será máis burleirón de toooooooooooooooooodos.
Creo que Juanqui xa está dando os datos de todo o acontecido ós guionistas da tele.A historia vai dar para unha teleserie.
Publicar un comentario