O luns e o día que todos estabamos esperando, o dezanove de Xaneiro, a gran festa do Castro, OS FACHÓS.
Xa sabedes que estades todos invitados, que estamos esperando por vos, e que nos acordaremos de todos os que estades na diáspora e non vos podedes achegar.
Brindaremos,comeremos,bailaremos o son dos Airiños & Friends, e como non, arroutaremos ós chourizos.
Solo vos podemos decir que non faltedes que é unha noite máxica e que non hai ningunha festa semellante.
¡VIVA O SAN SEBASTIAN! ¡VIVA O SAN ROQUE E O CAN, A MARCELA E A CADELA!
¡VIVAN OS FACHÓS!
8 comentarios:
E viva, sobre todo, O Castro. A nosa patria (sí, xa sei que é a miña patria, pero "pola petrina"...).
UN abrazo a todas y a todos. Qué pena no poder estar.
O dito,lembraremonos de todos os que non esteades.Bicos.
Sniff, sniff... que alguén se tome un viño á miña saúde, eu farei o propio por estas terras na saúde de todos vós!
A pesar de todo ALEGRIA e que VIVA SAN SEBASTIÁN!
Vivaaaaaaaaaaaa, eu teño preparada unha botella de mencía e un chourizo para chisparme sola e arroutar en Cáceres!
queridos ausentes me atrevo a perturbar la paz de vuestros hogares para deciros que: os echaremos de menosun beso. marisa
Marisa, creo que te van incluir no temario de filosofía da próxima reforma porque sempre apareces cando menos te esperamos cunha gran verdade ou sentencia!!!
Marisa, xa te deixan ir ós fachos ou todavía segues escapando da telegaita?
O puteo vén pola envexa que che teño hoxe, eres incondicional dos fachós... un bico grande
vivan os fach,os, viva S Sebatián!!!!!!!! chova ou neve sacaremos o fachón igual!!!!
Publicar un comentario