lunes, 30 de marzo de 2009

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS "CONTO CALDELAS"

Antes de nada, temos que decirvos que MOITÍSIMAS GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.Foi unha auténtica marabilla poder ler os vosos traballos.
E agora os premios:

CATEGORIA A:

1º PREMIO: LORENA ALVAREZ OSORIO por A MAQUINA DO TEMPO

Os outros dous premios debido a un empate técnico serán repartidos da seguinte forma:

2º e 3er PREMIO: LAURA PRIETO ALVAREZ por PABLO E O IRRIO
VICTOR FERNANDEZ por O DRAGÓN DO BURGO
RAISA FERNANDEZ MARTIN por A FLOR DA NOITE

CATEGORIA B:

1º PREMIO: ANDREA BALBONA PEREZ por A MODIÑO
2º PREMIO: LAURA MOVILLA GONZALEZ por INVERNO
3er PREMIO: NATALIA CARBALLO RODRIGUEZ por AVENTURAS EN CASTRO CALDELAS


Noraboa a todos os premiados. E decir a todos os participantes que o día 9 de Abril, xoves de semana santa procederemos a entrega de premios e haberá un agasallo para todos os que participastes no Concurso. O remate da entrega de premios tomaremos unha pequena merenda para celebralo con todos vos. Xa vos contaremos en qué sitio e a qué hora neste blog.
Temos que agradecer tamán a Editorial Sotelo Blanco a súa colaboración co Concurso de Relatos e ca nosa Asociación, xa que entre os premios contaremos con Libros cedidos por eles.

7 comentarios:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Éu únome a esa noraboa, por una lado para todos os escritores e por outro para todas as persoas que os animaron a facelo. Hai moito escritor en potencia neses contos...

Anónimo dijo...

Noraboa aos afortunados. Por certo, hai algún xeito de ler os relatos?
Oscar.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

En primeiro lugar darlle a noraboa aos premiados e a todos os participantes (xa por participar hai premio)

Darlle as gracias a todos os que axudaron, pero moi especialmente á Joaquina.

Oscar, os relatos creo que os vamos poñer no CC expostos en semana santa. Falo ca Dori e xa informo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

digo eu que si hai algún voluntario/a para pasalos a ordenador...acétase axuda, jeje

J. Rogelio Rodríguez dijo...

Noraboa aos premiados!

Unha aperta.

Bautista Sotelo dijo...

Parabéns a asociación O Irrio, pola iniciativa, e parabéns aos premiados. Estaría ben poder lelos na rede, para os que non podemos ir ao C.C.. Saúdos.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

AVISO: CAMBIAMOS A DATA DA ENTREGA DE PREMIOS.

Debido a que na data da que falaramos non podían asistir varios dos asistentes decidimos pospoñela. A pesar delo si se exporán os traballos.

Sequiremos informando