Como xa saberedes o venres faremos a II Andaina por Caldelas. Esta non é unha andaina ó uso, simplemente é un xenito de xuntanos todos aqueles que nos gusta camiñar, así que non é preciso realizar ningunha inscrición, pero séría bo que souberamos quenes son os que van a participar para amañar certas cousas. O percorrido son 16 km, que hai xeitos de recortar, segundo cada quen. O que si recomendamos é un calzado impermeable xa que o percorrido ten bastante auga (e incluso non virían de máis uns calcetíns de reposto). A comida vámola facer na área recreativa da Ponte das Táboas e cada quen ten que levar a súa comida. A saída é as des da praza do prado, pero se pode ser chegade antes para ver se levamos a comida a ponte das táboas e deixamos alí algún coche e esas cousas.
O Xoves, no castelo, as 19:00; presentación da curta Na Distancia de Victor Hugo Seoane, de Parada do Sil. O remate o director fará un pequeno coloquio no que dialogará cos asistentes.
Noutra orde de cousas a cafetería rubio organiza un concerto o venres, son un dúo de moi bos guitarristas chamados Mario Cea & Tamaríz. Ademais hai unha exposición de pintura no Centro Comarcal de Andrés Baldonedo
4 comentarios:
Calzado impermeable??, pero tanta auga hai??
Fan falla botas de goma, ou qué??
Non, máis ben referíame a unha botas de goretex, ou algo así... porque o ano pasado apareceu bastante xente con tenis. Non é que vaiamos de expedición, pero si imos a andar por camiños con auga, cruzar un río, ...
Saúdos
Osorio Jones... xa te estou vendo... pasádeo ben!
Ó final non fixo falta reposto de calcetíns porque acabamos comendo no Prada a Tope en cacabelos, coñecimos ó mesmiño señor Prada e logo fomos de peregrinación a Peñalba de santiago (¿escribino ben?), é dicir, exercicio pouco, pero a barriga chea e eu con reposto de "biermú"
Publicar un comentario