MANIFESTO BÁSICO POLA DEFENSA DA RTVG.
Contra a censura e a marxinación da música galega.
" Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega “. Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos… Consideramos que este programa viña sendo…
Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.
Un programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa música.
Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo a música que se está a facer no nosso país como un ben público de interese xeral.
Un programa que axudaba a tecer os fios da rede socio-cultural da música galega, que nos relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.
Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que –como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega , aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística cotiá.
Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .
Un programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.
Un programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar, a gozar coa música deste país.
Un programa, ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía. ...e por iso...
Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.
Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.
Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.
Se apoias este manifesto, cubre o formulario e envianos os teus datos.
Komunikando.net
Musica da Galizaa
perloca@komunikando.net

9 comentarios:
Por si alguén lle interesa:
o Sábado 13 de Xunho ás 12:30hs. do mediodia na Sala NASA de Compostela. Pola defensa da música galega nos médios de comunicación públicos na Galiza.
xa está firmado, moito me amola que pechen a disco-tasca...
Oscar.
Hola Emitiendo y amigos.
¿Qué ha ocurrido? ¿Qué tipo de medida sed ha adoptado contra la música gallega?
¿Me podéis enviar algún vínculo con noticias, etc. para que me entere del tema (está claro que "he llegado tarde" y por eso no me he enterado de la fiesta)?
Gracias de antemano - Saludos.
Hola Roge, o manifesto explica bastante claramente o que pasou, pero mándoche esta ligazón para que lle votes un ollo.bicos.
http://www.publico.es/espana/ 230205/depuracion/radio/galega/ xurxo/souto/feijoo/xunta/tvg/ vacas/locas
Gracias, Madamme. Lo leéré; prometido.
Besos for U2.
Ya está. Leída la "noticia" de Público. Además he investigado un poco por la web y me he encontrado otros blogs que daban la noticia.
Éste por ejemoplo: http://meneame.net/story/cese-fulminante-xurxo-souto-radio-galega. (No tienen desperdicio los comentarios).
Si hay algo que detesto de las cadenas públicas de Radio, TV o lo que sea, es la afición de los gobernantes de turno a tomárselas como un chiringuito ideológico. Y, desde luego, el PP gallego me consta que sabe mucho de organizar chiringuitos a costa de dinero público (que es la práctica más antiliberal que pueda existir).
Es lo que más me indigna, sin duda, que llegue un nuevo equipo de gobierno y coloque a los suyos en las radios y tvs PÚBLICAS, sin ningún pudor. NO me indigna: me jode, sin más.
De haber mantenido un formato análogo al del programa ( es decir, de mantener música exclusivamente en gallego) de Souto la denuncia no debería cambiar: se trata de la destitución de un profesional a partir de criterios de amiguismo político. Eso es lo que me parece más grave. E insisto: con nuestro dinero.
Firmaré.
A min o que máis me preocupa de todo esto non é o meollo político que ten esta noticia, senon que deixemos de contar (sexa por o tema que sexa) con unha plataforma para a música galega como o programa de Aberto por Reformas, eso e o pque me parece peor de toda esta historia.Espero que al larga non teñamos que facer o Ponte Louco en castelán.
A volta da Inquisición a Galicia (por Manolo Rivas)
Despois dunha tempada de descuberta da rede de gabinetes clandestinos e agochos con salas cibernéticas e xardinciños zen onde celebraba os seus aquelarres a Antiga Coalición (Ano IV, after Fraga e before Feijóo), a nova Xunta emprendeu unha nova fase de exploracións que deu lugar a outra xeira de insólitos achados: os fatídicos BB ou buracos bipartitos.
Non eran nin un nin dous. Galicia enteira era unha peneira. Sen ser advertidos nin sequera polos máis aleutos, durante a Antiga Coalición os galegos estabamos en terra perigosa e minada, desprazándonos sen sabelo por un país furado de arriba abaixo.. Segundo nos ilustra cada día o mando do OFG (Observatorio de Furados Galegos), estes buracos bipartitos teñen unha feitura especial que os asemella aos chamados buracos negros do Universo. Non é casual que un dos seus principais estudosos, o célebre científico Stephen Hawking, pasara por Galicia xusto pouco antes de producirse a caída da Antiga Coalición.
A descrición que fai Hawking de como se forma un buraco negro corresponde con absoluta precisión ao sucedido na recente historia política de Galicia. En primeiro lugar, prodúcese pola perda dunha xigante vermella (estrela de gran masa), coa progresiva extinción da súa enerxía. A continuación, e resumindo a Hawking, o antigo astro, e por mor da forza gravitatoria, deriva nunha masa de pequeno volume (a chamada anana branca) que é a que provoca, no seu colapso por auto atracción, o buraco negro. Como quen di, unha escuridade que mesmo apreixa a súa propia luz.
Mais unha cousa é que a caída dunha estrela electoral provoque un buraco negro ou dous na galaxia política e outra moi diferente é esta orxía de buracos. Cada día que pasa, o Observatorio de Furados infórmannos de achados de buracos supermasivos no hiperespazo galego. Na primeira versión, a que subliñan os informativos, como é lóxico, o Buraco do Día acada dimensións inmensurábeis.
-Este si que é un buraco, señores, e non o do rei Cintolo!
Mais ao día seguinte, o Gran Buraco desaparece. E aí é onde entra a segunda parte deste asunto astrofísico. Os chamados buracos brancos. Este tipo de buracos son aqueles que non existen aínda que puideran existir. Ou sexa, un buraco branco é unha hipótese de buraco. Esa é a marabillosa avantaxe da política de furados. Un día hai buraco e ao seguinte, non. E O Buraqueiro sempre pode dicir: "Os buracos non existen, mais habelos hainos".
Así que o novo Goberno segue felizmente hiperactivo. O que teñen os buracos é que poden converterse tamén nun vicio. Ademais de querer atopalos un pode levarse do entusiasmo de facer buracos. Tristes buracos. "Obscenos buracos", que dicía Jean-Paul Sartre. O máis grande buraco negro é o que os reaccionarios queren facer coa lingua galega.
Despois do esperpento do documental das Vacas tolas, reconvertidas pola TVG en extras de Clint Eastwood, un dos exemplos máis escandalosos é o que vén de suceder na Radio Galega con Xurxo Souto e o seu programa Aberto por reformas. Aproveitando o cambio político, prescíndese del e, ao tempo, baleirase de sentido un programa esencial, o único que se dedicaba en exclusiva a difundir a música emerxente galega.
Quen non quere a Xurxo Souto? Dende logo non pode non querelo quen o coñeza. Á parte de amizade, falo aquí do "querer" como sinónimo de "pór en valor". Souto foi o alma mater de Os Diplomáticos de Monte Alto e o maxín que fixo levedar o movemento bravú, ese vento de música moza, desacomplexada, rebuldeira, que se ergueu en aldeas, vilas e barrios urbanos, que rachou fronteiras e tópicos ao berro tan rosaliano de "ghaiteiro!". Souto foi tamén quen escribiu os mellores libros sobre ese tempo onde se relata a redescuberta xuvenil dos espazos vizosos da cultura popular. O campo da festa ás tabernas, do futbolín á selección galega. Fixo renacer mitos esquecidos como Pucho Boedo, Alexandro Fisterra ou Urbano Lugrís. Mostra da súa profesionalidade no eido da televisión foi o seu traballo na mellor época de Luar e documentais imprescindíbeis como o que relata a vida do líder de Os Tamara. Na prensa, as súas inesquecíbeis páxinas dominicais da cultura popular en La Opinión. Na radio, fixo d'A tropa da tralla (Radio Coruña) un dos referentes na historia radiofónica galega. E cando se incorporou á Radio Galega, hai catro anos, creou, entre outras cousas, un programa que era tamén o habitat máis agardado. Un lugar para a música máis nova. Algo que incribelmente non existía na radio pública que isto ten por mandato: "A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega" (Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG).
Con Aberto por reformas, Xurxo Souto fixo un programa legal en todos os sentidos. Tamén no coloquial que lle dá a xente nova. Algo do que fiarse. Algo que paga a pena. Reconciliou a música e os músicos do país co medio que os tiña marxinados. Viñeron as eleccións, houbo o cambio político, e expulsaron a Xurxo. De cesante. Como fixeron con Curros noutro século, non por ser mal xornalista senón por ir ás ceibas. En vez de facerlle sitio, fixéronlle un buraco. Unha represalia contra un universo cultural. Un home expulsado por ter talento. Unha subtracción que nos fan. Mentres escribo este artigo, chegan noticias de que a Comisión Episcopal da Fe vai condenar a obra de Andrés Torres Queiruga, o noso máis grande teólogo xunto con Chao Rego. Neste flashback reaccionario, anda a Inquisición á caza de Prisciliano.
Hai en Galicia unha música emerxente extraordinaria. Unha auténtica enxurrada creativa. Agroma e fertiliza malia estas adversidades que veñen dos que máis deberían crear condicións para espallarse como voz da cultura e consolidar unha industria. Velaí temos, só por citar algúns, Lamatumbá, Som do Galpom (Qué disco Em terra de ninguém!), Zënzar (Que disco A tribu!), as coruñesas de Chámalle Xis ou Cho toco eu ou a rapeira viguesa Aid.
Disque hai un buraco por galego. Mais a xente moza, a que respira a liberdade, a que non acepta a nova "doma e castración", non acepta meterse nos buracos prefabricados. Ducias de grupos, asociacións culturais, e centos de artistas e músicos veñen de promover un Manifesto Básico pola Defensa da RTVG: Contra a censura e a marxinación da música galega. A páxina web Komunikando.net é un bo lugar de visita para informarse desta iniciativa e, ao tempo, pórse ao día cos abrollos máis novos da música feita en Galicia. Como na canción de Zënzar, que canta Bocixa: "Non falamos por falar / o noso pensamento non o van gobernar".
Publicar un comentario