Hoxe no Centro comarcal proxectarase a curta-documental "Terra do Millo". O argumento desta produción, baseado nunha obra de Emilio Arauxo, conta partes da historia do rural galego, concretamente do val de Maceda, usando o felo como nexo.
Ó rematar a curta haberá un pequeno coloquio ao que asistirán entre outros o seu direcotr, Patxi Bisquert.
Ademais nesta curta conta coa participación (voz en off) do Óscar de Lumeares e a música de Pablo Devigo.
Como curiosidade apuntar que participará no Festival de Cine de Ourense en brevez datas, así que antes de que se poisda ver en Ourense verémola no Castro
2 comentarios:
A verdade e que me gustou moito a curta, os temas as imaxes a conexión da historia co entorno, a música púxome os pelos de punta e voz en off do Oscar inmellorable!!
Son de maceda e a verdade e que me pareceu superiinteresante e oxalá haxa máis historias do rural como estas!!!apertas!!!!
Publicar un comentario