domingo, 24 de enero de 2010

A NAI DE TODAS AS FESTAS: OS FACHÓS






Protagonistas da mellor festa do mundo mundial: chourizos,viño,lume,palla,música, e como non, xente,xente,xente.

Con todo esto e con moitas gañas, nas terras de Caldelas vense celebrando desde fai moitos anos unha festa que non so reúne a practicamente toda poboación do Concello de Castro Caldelas e concellos limítrofes, senon tamén a moitísimos visitantes que cada se animan a celebrar esta festa con todos nós. Son os folgos de todos os que fan esta festa ,e so se entende unha vez que se vive. Para todos os caldelaos é unha honra selo o dezanove de Xaneiro. Poder vivilo todos os anos e contar os días ata o seguinte ano,unha paixón. Se nunca estivestes que saibades que xa queda menos para o próximo ano e ide aprendendo: VIVAN OS FACHÓS,VIVA SAN SEBASTIÁN!!!!

2 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Foi espectacular. Cada ano me gusta máis esta festa, e aínda máis (sinto ser egoísta) se coincide pola semana

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

viva o san sebastián!!!!!!!!!!!!! A min tamén me gusta máis pola semana, sobre todo agora que podo ir!!!!