Mostrando las entradas con la etiqueta Feira do Viño. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Feira do Viño. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de julio de 2010

24 E 25 DE XULLO-FEIRA DO VIÑO EN CASTRO CALDELAS





Outro ano máis os adegueiros da zona farán as delicias de todos os que se acheguen a Feira do Viño da Ribeira Sacra que se celebrará os días 24 e 25 de Xullo na praza do Prado de Castro Caldelas.
Non volo perdades xa que é unha oportunidade única de coñecer os nosos caldos, de aprender algo máis sobre eles e como non de pasalo moi ben.

miércoles, 29 de julio de 2009

Feira do Viño








Cada vez estamos máis vagos e temos menos tempo para escribir, así que outra vez máis fotos que outra cousa. E que tampouco hai moito máis que contar, catas, catas, máis catas, e algo de pulpo e churrasco para empuxar as catas. E a calidade dos viños creo que mellorou con respeto ó ano pasado

lunes, 20 de julio de 2009

Feira do Viño e outros eventos


Coa proximidade do agosto a cousa promete, e é que saen eventos por un tubo:

De boas primeiras esta fin de semana é a II Mostra de Viños da Ribeira Sacra, que contará entre outras actividades cunha feira de aretesanía na que coma o ano pasado poremos o noso chiringuitos coas camisetas, mecheros, ....

No apartado de festas reinventadas aproxímanse o Lumeazo (7 de agosto) ou Santa Tecla (do 7 ó 9), do Portelazo xa falaremos máis adiante

Dúas noites, este ano estará adicado a música: Uxia e Fred Martins (12 e 13 de agosto)

lunes, 28 de julio de 2008

Mostra do Viño


Rematou esta fin de semana intensa de mostra (que non feira) do viño. Agora chega o tempo de avaliar, e creo que para ser o primeiro ano saíu a cousa con moi ben, e visto o entusiasmo dos bodegueiros haberá que ir pensando en novas edicións.



Xente houbo suficiente, sen ser un agobio.




Houbo vistas importantes: Suárez Canal e a Ministra Espinosa; que servíu para darlle máis bomboma cousa.






A mostra estibo acompañada de outras actividades: catas, conferencias e a feira de artesanía.




E a cousa acabou como acabou... bebendo pola Copa Davis, e eso que non lle gosta o viño...

martes, 22 de julio de 2008

PROGRAMA DA FEIRA DO VIÑO







PROGRAMA FEIRA DO VIÑO CASTRO CALDELAS


DIA 25 DE XULLO

10:00 HORAS
INAUGURACION POR O DELEGADO DE MEDIO RURAL D. ALFREDO SUAREZ CANAL
11.30 HORAS
PREGÓN DENTRO DO RECINTO A CARGO DE D.JOSE LUIS HERNAEZ MAÑAS
13:00 HORAS
CATA DE CALIFICACION GUIADA DAS ADEGAS PARTICIPANTES (NO CASTELO)
13:30 HORAS
CURSO DE CATA
14:30 HORAS
PECHE DO RECINTO
18:00 HORAS
APERTURA DO RECINTO
CONFERENCIA VITICULTURA DE ALTA MONTAAÑA A CARGO DE D. JOSE LUIS HERNAEZ MAÑAS
18:30 HORAS
CURSO DE CATA
19:30 HORAS
CURSO DE CATA
22:00 HORAS
PECHE DO RECINTO
24:00 HORAS
CONCERTO A CARGO DO GRUPO FOLK “ARDENTIA”



DIA 26 DE XULLO

11:30 HORAS
APERTURA
CURSO DE CATA NO PATIO DO CASTELO
12:30 HORAS
CURSO DE CATA NO PATIO DO CASTELO
13:30 HORAS
CURSO DE CATA NO PATIO DO CASTELO
14:00 HORAS
CLAUSURA OFICIAL A CARGO DO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL D.ALFREDO SUAREZ CANAL
14:30 HORAS
PECHE DO RECINTO
18:00 HORAS
APERTURA DO RECINTO
22:00 HORAS
PECHE OFICIAL DA MOSTRA

PARALELAMENTE A ESTE PROGRAMA HABERÁ ADEMÁIS:
*FEIRA DE ARTESANIA
*XOGOS POPULARES
*CARPA PARA XANTAR NO RECINTO DA MOSTRA (POLVO,EMPANADA,CARNE O CALDEIRO,BICA E VIÑO A 12,00 EUROS)
*SERVIRANSE PINCHOS GRATUITOS DURANTE O HORARIO DA MOSTRA

(OS CURSOS DE CATA SERAN PARA 20 PERSOAS MÁXIMO E SERAN NO PATIO DO CASTELO)

lunes, 14 de abril de 2008

FEIRA DO VIÑO NO CASTRO


Xa temos algo novo que engadir ó noso apretadísimo calendario de actividades primaverais e estivais. Este ano vaise celebrar por primeira vez unha feira do viño no Castro. Parece ser que será en xullo, pero ainda non hai data oficial.