Mostrando entradas con la etiqueta Marisa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marisa. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de agosto de 2009

EXPOSICIÓN DE LUISA VÁZQUEZ (MARISA), NO CENTRO COMARCAL.





Luisa Vázquez (Marisa) é natural do Castro onde estudiou a E.X.B., marchou dispois a Vigo a facer Bacharelato e posteriormente a Santiago, onde comezou os estudios de Historia da Arte.
As súas inquietudes artísticas véñenlle de moi nova, probando en diversas disciplinas ata que dende fai uns anos se inclinou pola pintura.
O seu estilo pictórico é ecléctico, ainda que as influencias máis acusadas recibeas de pintores de finales do XIX e do XX (postimpresionistas, expresionistas como Egon Schiele, modernistas como Gustav Klimt, sin deixar de lado outros autores do movemento moderno como Paul Klee e o seu estudio da cor).
Non obstante, nesta primeira exposición a selección de obras presenta unha variedade estilística moi amplia con traballos que van dende o estudio da forma humana, das emocións ata o tratamento moderno da forma e da cor.