Mostrando entradas con la etiqueta blogosfera caldelá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blogosfera caldelá. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de mayo de 2010

Máis blog da zona


Os blogs van e veñen, algúns pouco duran, pero vouvos comentar de algúns que foron nacendo e falan de historias da zona:

En la Ribeira Sacra é outro proxecto da xente do Caserío da Castiñeira no pretenden dar a coñecer esta zona, facendo cousas tan interesantes coma eses mapas virtuais de mosteiros ou de miradores

Uns e Ceros é un blog personal, do Manolo da Teixeira no que fala de temas de actualidade, pero sobre todo relacionado coa tecnoloxía, tema do que é un gran coñecedor

Portelazo Este xa leva un tempo, eso si sen moita actualización, esperemos que agora que se achega o verán vaian colgando novas da seguinte edición.

En contos da Ribeira Sacra Eduardo Prieto contanos historias da Ribeira Sacra, en especial da Terra de Caldelas, de esa terra que como el di "foi e xa non é"

Oscar Gómez (da Teixeira) fala no seu blog das súas experiencias ciclistas

Eladio crea un novo blog: Mil Xeitos de Ollar para expoñer fotos de diversos tipos

Por último falar do blog de Florencio de Arboiro e da Asoc Ben Cho Shey onde podedes ver as novas deste artista e da Asociaición que pretende recurar a figura do afiador (hai un video de TVE moi interesante)

martes, 9 de marzo de 2010

Novo Blog: cocina medicina



Nestes tempos de declive da blogosfera aparece no parorama caldelao un no blog. Os donos da Casa da Castiñeira fannos unha proposta: cocina medicina, que con ese nome tan gráfico pouco hai que explicar, simplemente animarvos a que vos acheguedes ao blog. Ademais como podedes ver tamén lle pegan a fotografía.

miércoles, 26 de agosto de 2009

Non quero que te poñas así

A peña NQQPA, tamén se une o mundo do blog. Benvidos. Eperamos entradas divertidas coma esas

jueves, 18 de junio de 2009

Blog da biblioteca de Parada


Dende a biblioteca de Parada veñen de crear un blog para que tódolos usuarios poidar ver as novidades e as novas que se producen nesa biblioteca.


Ademais a bibliotecaria (Merce) pretende poñer en marcha outro blog no que todas aquelas persoas da comarca afeccionados á escritura lles sirva para dar a coñecer os seus textos. Estaremos atentos porque a cousa promete, xa que Merce ven de gañar un premio de relato curto...

viernes, 6 de febrero de 2009

Novo blog caldelao: Quintela


Olegario Sotelo ven de dar o salto ao mundo do blog, creou un blog chamado Quintela (non podía ser doutro xeito).

Deste caldelao pouco se pode dicir que non se saiba, pero por se hai algún despistado dicirlle que non tarde un intre máis en visitar as reflexións dunha das persoas máis lucidas que deu este pais, ou como compaxinar a mentalidade empresarial co amor pola terra.

miércoles, 21 de enero de 2009

NOVO BLOG EN MONTEDERRAMO

A asociación de mulleres rurais de Montederramo, acaba de unirse a esta febre que nos ataca a todos e que se chama blogmanía.

Dende o seu blog darán a coñecer todalas actividades que elas coma asociación están a realizar e tamén darán a coñecer as novas que se produzan no Concello.

De momento e para que vaides abrindo boca, podedelas visitar en: http://www.blogoteca.com/acaracocha


(FOTO ROSETA)

viernes, 31 de octubre de 2008

Felicidades


Mañá, día primeiro, está de cumpleanos o Victor, once aniños. ¡Felicidades! e iso que non nos invitou a esa superfesta que vai montar no España. Aquí, nas fotos véselle nunha excursión que fixemos pola ruta de matacás a Pena do Xastre no ano 2004.
Daquela era bo rapaz, agora é medio luterking (como diría o Notario), mirade...

viernes, 26 de septiembre de 2008

A fiebre do blog

Este verán houbo no castro un "andazo" de blogs entre os rapaces do Castro. Canto máis fuchico máis atopo. E hai de tódalas clases: moi currados, un pouco abandonados ou os que non pasaron do par de entradas.
Os que eu coñezo son: Ocastroenacción, o do Víctor, o da Patricia (creo que é ela), Gonza (que ainda que non é de aquí métoo porque estivo uns anos vivindo no Castro), do Wasa, Alberto de Camba, Ignacio e Sara e Poline. Se sabedes de algún outro decídeo
Desde aquí darlle ánimos ós blogueiros, manter un blog da traballo, pero hai que seguir adiante. E ós lectores, pedirvos que lle deixedes mensaxes para ter máis alento e que vexan que as cousas que fan lle interesan a xente.

martes, 2 de septiembre de 2008

Paxina Web de Santa Tegra

O pasado día 27 abríuse unha páxina web de Santa Tegra, creada pola Asociación Cultural e de Veciños Cocas e Danzantes, que ademais de organizar as festas dedicanse a promocionar o pobo.
A nós que nos avisou e o reporteiro na ribeira (Ricardo Rodicio, o da foto).

E claro o falar de Santa Tecla, non nos podiamos esquecer do Pepe. Pois eso, visitádea, firmade no libro de visitas... e que nazan moitas máis.

jueves, 28 de agosto de 2008

"O Forno" na blogosfera

Marando nos perfís dos bloguer caldelaos vexo que hai unha nova incorporación, o José Luis do Couto, e entro no seu perfil e lévome esta grata sorpresa: http://www.bicamantecada.com/

Unha páxina sinxela pero coa información suficiente.

Pois nada, que che vaia ben, que vendas moitas bicas.

jueves, 14 de agosto de 2008

ALBERTO DE CAMBA: NOVO BLOG CALDELAO



Eu xa escoitara rumores de que máis xente do Castro estaba creando a súa bitácora, así que hoxe decín poñerme a investigar e entereime de que Alberto ten a súa. Alberto, ainda que é un rapaz moi xoven (ten 7 anos), xa é vello coñecido noso porque participou no taller literario o verán pasado e creou unha bitácora chamada http://www.albertodecamba.blogspot.com/, nela cóntanos a súas aventuras e viaxes. Visitádea.

martes, 22 de julio de 2008

O Castro en Acción


Como podedes ver hai un novo blog chamado O Castro en Acción, feito polos nenos que van as actividades que todos os días pola mañá se fan no castelo, con Iria de monitora, e con Victor de experto-blogueiro. Visitádeo.
Ademais tamén vos recomendo a ultima entrada no blog do victor, espectacular.

jueves, 3 de julio de 2008

Web de Vilarellos


Navegando pola rede volvín atopar unha web sobre o pobo de Vilarellos, feita por Manolo Durán, o fillo do leiteiro.


Como moitos saberedes, esta é unha aldea da parroquia de Tronceda, que a pesar de estar moi preto do Sil, está a bastante altura. O que máis destacaría desta aldea é que, como podedes ver, conserva relativamente ben parte das edificacións que alí hai. As casas por esta zona son feitas a base de pedra pizarrosa, e máis ben parece un pobo do Caurel que desta zona. Ademais, contra o final do verán colgan as mazarocas do millo dos balcóns e isto ainda lle da un maior encanto (como podedes ver nas fotos do final).

A web xa leva un tempo na rede, e a verdade é que non está moi actualizada, a ver se lle damos ánimos ó Manolo para que lle dea máis contido; pero ainda así é un placer.





As tres primeiras fotos son do Durán, e as dúas últimas miñas.

jueves, 19 de junio de 2008

FORMULAVICTOR


O Víctor, que para aquel que non o coñeza é do medio, creou un blog, que como podedes ver está xa enlazado. De momento ten poucas etradas, pero por iso hai que deixarlle algunha mensaxe para que se anime.

sábado, 24 de mayo de 2008

Blog dos xubilados


A asociación de xubilados ven de crear un blog para así dar a coñecer as actividades que realizan e achegarse ao mundo das novas tecnoloxías.


Ademais do 20 ó 31 de maio están a facer unha exposición fotográfica co título "Doutros Tempos" organizada pola rede de dinamización tecnolóxica (Déborah). A exposición mostra o traballo dos xubilados participantes nun obradoiro de informática no que aprenderon a escanear as fotos antigas que foron encontrando pola casa. Todas as fotos están colgadas no propio blog da asociación.