domingo, 28 de febrero de 2010

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "ERAN OUTROS TEMPOS"

















Esta semana desmontarase a exposición de fotos e xoguetes antigos organizada pola Asociación O Irrio e mais o Centro Comarcal.
Dende aquí queremos dar as grazas a todos os que contribuiron a facela posible deixándonos o material.
Xa estamos traballando na próxima. esta vez estará adicada ó libro: a súa historia, os seus tipos o libro na escola. Así que xa sabedes: TODO O VOSO MATERIAL É BENVIDO.

lunes, 1 de febrero de 2010

domingo, 24 de enero de 2010

A NAI DE TODAS AS FESTAS: OS FACHÓS






Protagonistas da mellor festa do mundo mundial: chourizos,viño,lume,palla,música, e como non, xente,xente,xente.

Con todo esto e con moitas gañas, nas terras de Caldelas vense celebrando desde fai moitos anos unha festa que non so reúne a practicamente toda poboación do Concello de Castro Caldelas e concellos limítrofes, senon tamén a moitísimos visitantes que cada se animan a celebrar esta festa con todos nós. Son os folgos de todos os que fan esta festa ,e so se entende unha vez que se vive. Para todos os caldelaos é unha honra selo o dezanove de Xaneiro. Poder vivilo todos os anos e contar os días ata o seguinte ano,unha paixón. Se nunca estivestes que saibades que xa queda menos para o próximo ano e ide aprendendo: VIVAN OS FACHÓS,VIVA SAN SEBASTIÁN!!!!

jueves, 14 de enero de 2010

Fachós 2010: ce e a Orquestra Pantasma


Este ano actuará nos fachós Ce e a Orquestra Pantaasma por cortesía da Asociaición "O Irrio". É o noso grao de area para contribuír a esta festa

martes, 29 de diciembre de 2009

PELIS DE TIM BURTON DURANTE O NADAL NO CENTRO COMARCAL

A asociación O IRRIO e o Centro Comarcal organizan para este nadal sesións de cine pola tarde. Si vos acercades polo centro poderedes ver casi todas as pelis de Tim Burton.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

UNHA VEZ MÁIS: RAUL





Unha vez máis no pub Rubio, Raúl esta vez acompañado de outro gran músico, Rafa, deu un concerto espectacular no que logrou, como non, encher o pub e que todos absolutamente todos cantaramos e bailaramos cas cancións do seu amplo repertorio, que toca vai dende Los Panchos, Kiko Veneno, Macaco,Sabina eun largo etc...
Coma sempre Raúl-Rafa, un pracer, e por favor, non tardedes en volver.

"HAMOR" EN LA ESO



jueves, 3 de diciembre de 2009

LEANDRO LAMAS

Fai máis de dez anos tiven a sorte de ver unha exposíción da que quedei prendada. O autor daqueles coloristas e oníricos lenzos que me deixaron prendada era un tal Leandro. A sorte quixo que fai pouco me poidera "reatopar" con este magnífico pintor e poidera ter acceso á obra que realizou nos últimos anos.
Como podedes ver pola imaxe de arriba, Leandro tamén se está dedicando á ilustración de contos, e precisamente este estivo seleccionado este ano para a bienal de ilustración de Bratislava.

Recoméndovos que entredes no seu blog e tamén nesta outra páxina onde poderedes disfrutar de moitos dos seus cuadros. Polo menos mentras non teñamos sol de verdade poderemos cargar pilas coas cores da pintura de Leandro.


martes, 1 de diciembre de 2009

PALABRAS

Despois de tantos dias de abandono cibernético voltamos a cíbervida con este estupendo enlace
sobre as palabras. Esperamos que vos guste.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Magosto en Lumeares

A asociación de Veciños "Lumeares como o mires" celebrou outro ano máis o magosto, o que tivemos o gosto de asisitir. Ainda que o día non axudou moito xuntouse un grupo importante de xente.

jueves, 29 de octubre de 2009

Mellor castelo de Galicia







O programa a tarde realiza un concurso para escoller o mellor castelo de Galicia, entre os dez finalistas está o do Castro, así que dende aquí invitámosvos para que accedades e votedes.