



Como vos digo ista é unha visión totalmente particular e parcial do que foron os fachós porque évos imposible estar a todo. A min nestes eventos (principalmente fachós, festas dos Remedios e Ponte Louco) sempre me pasa o mesmo: váiseme a noite saudando a xente que non vexo casi nunca e, cando quero reaccionar, son as tantas da mañá e haise que ir para cama. Outra cousa que me ocurre é que teño memoria de pez, asi que... tócavos reconstruir o que saibades.
A primeira hora da tarde a xente xa estaba traballando duro para que nós disfrutásemos pola noite. Aquí vedes o famoso “Tío Epi” dirixindo e vixiando o traslado de chourizos dende o Concello ata a igrexa.
Como podedes observar a colocación das viandas segue unha coidada estética que varía de ano en ano (mirade fotos de entradas anteriores).
Iste é o San Sebastián de palla que precede ó fachón grande.
O caso é que Marta e o seu marido estaban con Miguel “o sonrinte fotógrafo” (vello coñecido de Santiago ó que atopo de cando en vez e é coñecido por todo o mundo. Sempre está rindo, polo menos sempre que o vexo eu, e sempre me di o mesmo: a ver cando probo esa bica. Todavía non o convidei nunca, unha vergoña). Como a Marta a miña estratexia de persecución lle parecía boísima obligoume a compartila con Miguel para que conseguise ás mellores fotos do día.
Eu conteilla, pero como bó profesional que é, xa fixera o percorrido e chegara as mismas conclusión ca min: esperar o fachón grande, e o San Sebastián de palla que o precede, no prado e ver toda a procesión que vai detrás; logo adiantarse a il por un atallo para atopalo na volta que da ó Castelo, onde conflúen a rúa do sol e a rúa grande. Nesta zona sempre vai moito vento e sempre pasa algo co fachón grande. Non sei cómo foi iste ano porque eu optei pola estratexia dúas: ir pola rúa pequena (por alí non hai fume e, como Marta está embarazada, era o mellor para ela) que vai desembocar á fonte que hai na rúa grande. Fixemos moi ben, porque alí montouse unha boa: o fachón grande empezou a arder sen parar, tiveron que tiralo ó chan, cortar os dous ou tres metros de palla “incandescente” ila esparcindo con forquitas pola rúa abaixo para que non se montase unha barricada de lapas e volver prender o fachón grande. ESPECTACULAR
Mentras tanto, os portadores de fachós pequenos morrían abafados (claro, hainos que se empeñan en levar o fachón para abaixo...).
Nós volvemos a baixar pola rúa pequena ata o prado e dende alí vimos a parte final: veña fachós e fachós, a procesión non acababa nunca. ¿Alguén sabe cántos fachós pequenos podía haber?
Logo chegou o momento dos empurrós polo chourizo (moi rico) e polo viño (tamén moi rico). Disfrutando da comida e da bebida empecei a atoparme con xente coñecida: coa nosa amiga Marisa que viña de Vigo, con un ex-compañeiro de piso noso de fai polo menos dez anos: Jose, alegreime moito de verte. Dispois vin ás rapaciñas de Montederramo, que nuncan fallan: Rosa, Raquele Mónica. Ata me deu tempo de falar con Cándido da súa actuación no Rubio (mirade outras entradas) e de descubrir que “anónimo descuberto para o mundo” e “anónimo que pide white label” son a misma persoa (secreto, secretísimo). Logo atopeime a Ricardito, o milucho... eu que sei. Nun momento avanzado da noite din cos gaiteiros e comprobei que o dedo do Juanqui seguí no sitio. Ó final, como xa facía frío e a queimada non nos gusta, Marisa, Jose, a súa moza e eu decidimos empezar a nosa particular procesión polos bares ¡qué perdición! Aí atopamos a uns vellos re-coñecidos de Santiago que nos fixeron rir e explicáronos que con lús chea non se pode podar! Acabamos tarde, moi tarde, pero cando marchamos para casa aínda quedaban algúns que outros coñecidos.




O feito de que Alba sexa a "escollida" é unha mezcla de casualidade e de "reflexo da realidade". O primeiro porque non foi unha selección feita adrede, e o segundo, porque realmente ela foi a última en unirse o taller de agosto.
Permitídeme que vos introduza un pouco na "realidade" desta historia.
Alba chegou ó taller cando só faltaban dous días para que rematase (a súa duración era de cinco). Non pudera vir antes. Nunha soa mañá escoitou a explicación dos "pasos" que debía seguir o conto e comenzou a escribilo. Pensando que non lle ía dar tempo a rematalo, levou os "deberes" para a casa e alí rematou a historia. O segundo día deulle os últimos toques o fantástico libro que creara, porque ela decidiu que a cada paso do conto lle correspondía un collage!
Aquí tedes o conto e todas as ilustracións e collages que Alba creou para o seu Rey egoísta. Estamos seguros de que ides disfrutar moitísimo. Perdoade que a calidade das fotos non sexa a ideal...
Érase una vez un Rey muy egoísta. Los sirvientes estaban muy preocupados.
Tenía dos hijas, la mayor era rubia de pelo largo y la pequeña era pelirroja. Las princesas vivían mal.
El Rey se comía todas las chuches y no les daba la paga los domingos.
Tenían que hacer algo.
Llegaron a una cueva en medio de la selva. Allí un tigre les dio la pócima.
De vuelta al castillo un ogro las pidió dinero por pasar, pero ellas no tenían ni un céntimo y le dieron un trago de la pócima y el ogro las dejó pasar.
Por fin llegaron al castillo. Mezclaron con vino la pócima de la generosidad y se la dieron al rey en la cena. Y el rey se volvió muy generoso dándoles mucho dinero a todos.








