Comeza en ourense o Outono fotográfico e este ano temos o placer de contar cas fotos dun veciño,(e o meu cuñadísimo) Jorge Cacharrón. Participa ca súa exposición "Paisaxes" e enriba podedes ver unha mostra da súa fotografía.
PAISAXES:
Jorge Cacharrón
Percorrido visual do inmenso valor paisaxístico que ten a comarca de Caldelas (Ourense), para atopar ese misterio que envolve o verde galego, os recantos, as fontes e camiños; en definitiva, trátase de reflectir a súa beleza e diversidade.Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 3 ao 15 de novembro
5 comentarios:
Hai máis caldelás expoñendo. Acabo de ver ben o catálogo e vexo que tamén está María Xosé Castro.
E xa houbo outro fai unhos anos verdade Eladio?.
Noraboa para todos os que participan e a ver se co tempo cada vez temos máis caldelás no Outono Fotográfico.
Ah! E gracias polo chivatazo.
Vólveme picar o gusanillo, creo que para o ano vou atacar de novo. Teño un bule bule na cabeza para poñer en marcha
A María Castro seica expón no Castro, no Centro Comarcal. A ver si nos enteramos de máis.
E do Cacharrón a ver si podemos ver todas as fotos porque anda gardando xoias coma esa e claro ir o barco queda un pouco a demán.
E a ver Eladio se te animas, que por fotos boas non será.
veña Eladito, ánimo!
Publicar un comentario