martes, 10 de marzo de 2009

II andaina por Caldelas






Por segundo ano, a Asocición O Irrio, en colaboración co Centro Comarcal Terra de Caldelas, organizaremos unhas saida camiñando polas terras de Caldelas o venres 10 de abril.

O percorrido será moi parecido ó do ano Pasado: Castro Caldelas, o Toural, Camba, Ponte das Táboas, no caso de que o río vaixe con forza iremos pola estrada; Fonte de Piñeira, Piñeira (pobo), O Burgo, Camiño Real (Vía Romana), aquí posiblemente fagamos a única modificación con respeto ó ano anterior achegandonos ata S Pedro e Cacidrón; logo iremos ata Vilamaior, cruzaremos a Veiga onde veremos os petroglifos, Casares, Casasoá, Basteiros, e logo iremos un bo rato polas veiras do Río Caldelas, onde poderemos ver cinco muíños, ata chegar á Ponte, onde subiremos cara o Castro. Se o queredes ver de xeito máis detallado hai un folleto co seguinte texto.
Non se fai inscrición, pero si se recomenda apuntarse no Centro Comarcal: 988204630, ou por mail: cctcaldelas@comarcasdegalicai.com; ou no foro deste blog.
Ademais se queredes ver máis fotos podedes facelo no Panoramio.
Por último anunciar que os de Lumeares tamén farán a súa andaina o 16 de maio.

11 comentarios:

Natalia dijo...

O Hector como vexa estas fotos de como vai o río xa non se vai apuntar...Aviso a todos os que vos animades, este ano vai haber máis auga co ano pasado, así que traede manguitos!!!

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Recordamos que é totalmente aberta, así que aqueles que solo queiran ou poidan facer unha parte, non hai ningún problema

Unknown dijo...

Bueno, que puedo decir....

Simplemente, un cordial saludo.

Unknown dijo...

Me apunto. A mi hijo lo hago ir con neopreno ¿No?

Natalia dijo...

Si ou con un traxe de buzo para máis seguridade.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

eu levarei manguitos, flotador e barca hinchable "por si ascaso", pero terei que ir entrenando xa porque este ano estou pez en andainas

Anónimo dijo...

como se me mollen os pes aviso que me vou poñer moi repunante durante toda a andaina. as quechua son baratas, pero ter que comprar outras para poñelas secas....
Oscar.

Anónimo dijo...

entón eu recoméndoche que leves unhas botas desas tipo "pantalón" que están agora moi de moda, fíxate en Victorioa Beckam e saberás a qué me refiro.

Natalia dijo...

Mira, Oscar, para vir as andainas do pobo hai que deixar os mariconismos en Madrid, e se hai que botarse o monte hai que botarse e o carallo! Que non se diga que non eres de Lumeares e que non estás acostumado a tirarte o monte, que xa te vimos o ano pasado arrebolarte por o monte adiante tipo Rambo.

Anónimo dijo...

creo que a encarna ten razón levarei esas botas que vin onte a noite en Buenafuente presentadas por un elemento de moito coidado. O que pasa que igual me fan rozaduras nas ingles.
Oscar.

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

16 kms é un pouco longa para os meus cativos, que a disfrutedes.