Este é o texto do folleto que preparou a Dori dende o Centro Comarcal. A todos os que vaiades á rota vaisevos dar unha copia, pero se non podedes asistir e queredelo ter, podedelo pedir alí ou por mail
Dende Castro Caldelas dirixímonos ó barrio do Toural deixando á dereita a casa do Concello e subindo por unhas escaleiras entre casas con galerías ata a parte mais alta do pobo, rodeamos o recinto feiral deixándoo á nosa dereita e pasando o bar Toural vemos o indicador de San Xoan de Camba cara onde nos diriximos, outro cartel nos avisa onde teremos que desviarnos da pista para chegar á igrexa do antigo mosteiro. Pasamos ó seu lado e seguimos o camiño que baixa xunto ó camposanto.
Á dereita do camiño podemos observar un exemplar de Acivro e máis adiante unha granxa ó pe da C-536, aquí xiramos á dereita avanzando paralelos á estrada por unha elevada. Chegamos a un cruce onde tomaremos o camiño da esquerda para atopamos co río Edo.
Debémolo cruzar, no verán é moi doado xa que pasa case seco por esta zona. (En caso de que vaia moi alto retrocederemos para cruzar pola ponte da C-536.)
Seguimos rectos polo camiño onde poida que nos atopemos unha zona enlamada, para rodeala temos a posibilidade de ir por unhas fincas paralelas ó camiño e así chegamos a outro cruce de camiños mais ancho, tomamos á dereita e camiñando uns minutos por un sendeiro estreitiño atopamos a Fonte de Piñeira fonte de augas mediciñais sulfurosas e amónicas de baixa concentración (fixarse na inscrición que nos indica o ano da súa construcción 1867...).
Retrocederemos ata o último cruce pasado e agora seguimos á dereita cara o pobo de Piñeira, deixándoo cara atrás de camiño ó Burgo. Dende aquí e seguindo o “camiño real” tiramos cara Vilamaior, pasando cerca de San Pedro e enlazando coa estrada que se fixo aproveitando o trazado da Vía Nova (vía romana XVIII, ou de Antonino).
Por detrás da igrexa de Vilamaior seguimos este camiño de orixe romano pero no primeiro desvío torcemos á esquerda ata a Veiga de Sas onde nos acercaremos a ver uns petróglifos conservados en dúas rochas ó pé dunha columna do tendido eléctrico.
Cruzando a estrada C-536 imos agora ata ós Casares e dende alí a Casasoá para subir cara Basteiros, pobo no que xa hai tempo non vive ningún veciño. Teremos que seguir un pequeno tramo por unha pista ata desviarnos agora xa en baixada cara o río de Sas e seguilo á súa veira ata chegar á área recreativa da Ponte das Táboas. Neste tramo xa vemos restos de dous muíños, un deles aínda conserva no seu interior a pedra de moer. Na área recreativa enlazamos coa ruta dos muíños propiamente dita.
RUTA DOS MUIÑOS: O primeiro tramo desta ruta é un sendeiro pola ribeira do Río Edo ou río de Caldelas.A dificultade do camiño (ata chegar á estrada) é moi baixa, sendo ideal para nenos e para xente de idade avanzada.
1º Muiño:"MUIÑO DO RIZO". Aparece á nosa dereita e está oculto pola vexetación. Presenta un estado ruinoso.
2º Muiño:"MUIÑO DO VAO". Aparece á nosa esquerda e podemos acercarnos ata el cruzando una pequena ponte de pedra, pero a nosa ruta continúa polo lado dereito onde tamén podemos observar"A CASA DO MUIÑEIRO".
Variante: ó cruzar a ponte á dereita e cara arriba podemos tomar un camiño que sube ata o cruce de Alais e de alí pasamos directamente a Castro Caldelas polo barrio de Trascastro (ás veces a maleza é demasiado alta e non se pode seguir este tramo).Seguindo pola nosa ruta podemos observar á dereita unha ROCHA BRANCA DE CUARZO.
3º Muiño:"MUIÑO DA PONTE". Antes de chegar vemos con claridade a presa e a canle que conducen a auga do río ata o muíño na marxe esquerda. Para pasar por diante del temos que sair á estrada que ven de Alais, cruzar o río e seguila cara arriba facendo un zigzag dobre pola mesma estrada ata enlazar cunha pista de terra á dereita. Seguirémola subindo ata atopar un desvío á esquerda do sendeiro que entre carballos e castiñeiros ascende con pendente pronunciada a Castro Caldelas.

Chegamos ó pobo saíndo directamente á estrada de Monforte case á altura da Praza do Prado, pero tamén poderíamos subir ó Cima da Vila por un camiño alternativo:
Ó chegar á estrada de Monforte tomamos á dereita, e un pouco mais abaixo cruzámola, onde rematan as casas vemos un sendeiro que sube moi empinado directamente ó Cima da Vila, o camiño está marcado con estacas e cordas brancas e rodea totalmente o cemiterio (tamén se pode entrar nel para disfrutar das vistas dende o campanario da Igrexa de Santa Isabel) despois seguimos o camiño para rematar a ruta polas rúas do casco antigo en torno ó Castelo dos Condes de Lemos.
2 comentarios:
Noraboa polo folleto e pola andaina. ¡Que o pasedes moi ben!
A ver se en dous ou tres días podemos colgar as fotos para que as vexades.
Teremos que facer algunha máis pòrque o final a cousa tivo éxito.
Gracias o todos os que participaron.
Publicar un comentario