lunes, 22 de septiembre de 2008

Fotos



Xa colgamos máis fotos no flrick do Ponte Louco deste ano. Fotos nosas, do José Luis do Milucho e do Julio da Teixeira. Se algún tedes algunha achega xa sabedes.


Ademais dicir que na web dos Djs do Portelazo colgaron máis fotos sobre a súa sexta edición. Son un pouco máis decentes que as que saquei eu, xa que o de coller a cámara as 7:30 da mañá estivo ben como esperimento sociolóxico, pero non salimos coa mellor cara.



Por último, voume facer un pouco de auto-bombo (nunca mellor dito), xa que creei unha conta no Panoramio. Para os que non coñezan unha breve explicación: o Panoramio é unha ferramenta do Google Earth no que se pode, ademais de colgar fotos, localizalas. Así cando alguén busca no mapa algo aparécenlle fotos dos usuarios. Así se poden ver fotos chulas da zona (recomendo a Domingo Vázquez ou Eladio) ou de outro lugares (os meus preferidos son Seara, Bob Fisher, luscofusco, ...) ou fotos ben bonitas coma estas dúas: o Campano e os meandros da Cubela. En resumidas contas que vos animo a que colguedes as vosas fotos